Suscríbete

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Os cabalos de monte do Castrove

Un recente artigo publicado no Faro de Vigo trataba dos problemas que teñen os cabalos de monte do Castrove. Unha alternativa que barallaban era facer un peche no monte para evitar que baixen ás veigas e cultivos das aldeas. Despois de oito anos en Cotobade, non lles recomendaría esta solución. Cos peches evítanse as incidencias nos cultivos e veigas, pero amplifícanse os problemas co lobo. As bestas e os potros deféndense ben cando teñen grandes extensión de monte e poden fuxir á carreira.

Nos peches de Cotobade, de máis de 230 hectáreas a incidencia dos lobos sobre os potros é enorme, moito maior que noutros montes. E o digo con coñecemento, xa que teño bestas en Cotobade, Amil e tiven en Cerdedo.

En Amil tratamos cas comunidades de montes para que nos permitan poner cancelas e alambradas cerca das aldeas, para evitar incidencias e accidentes en cultivos e carreteras.

Facer algún pequeno desbroce no monte tamén pode axudar a mellorar a situación nese monte tan maltratado polos eucaliptos.

Compartir el artículo

stats