Suscríbete

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Ledicia Costas opinadora

Voyager

Ledicia Costas

Abogada a tiempo parcial y escritora a tiempo completo, es autora de más de 16 libros infantiles y juveniles. En 2019 publicó su primera novela para adultos, "Infamia".

A condena a Santi Mina

“Desde el R. C. Celta queremos manifestar nuestra enérgica condena a los hechos acontecidos en el día de hoy con un jugador de la plantilla del primer equipo”. Así empeza a declaración do presidente do RC Celta difundida o mesmo día en que se fixo pública a condena de 4 de anos de prisión por un delito de abuso sexual a Santi Mina. Resulta difícil entender que é exactamente o que condena Carlos Mouriño coas súas palabras. Condena a condena? Condena os feitos que tiveron lugar hai catro anos? A falta de precisión, a omisión do nome do xogador e ese discurso tan feble provoca un gran desacougo. “Los valores del Celta están por encima de todo y los defenderemos como los hemos defendido siempre”, continuaba dicindo Mouriño na súa declaración. É rechamante escoitar isto cando a decisión de pechar un contrato con Santi Mina tivo lugar cando xa estaba denunciado por unha presunta agresión sexual. Se ben o RC Celta foi máis explícito ca o seu presidente no comunicado oficial que colgou na súa web, as palabras do presidente son desacertadas.

Alén dos dereitos de recurso que asisten a calquera cidadán, a realidade é que no verán de 2019 un xulgado de Almería abriu un proceso contra o dianteiro e que detrás de todo isto hai unha vítima coa que tanto unha parte importante da opinión pública coma a estratexia da defensa do xogador foi desapiadada. Mentres os psicólogos que testificaban no xuízo afirmaban que presentaba un cadro ansioso grave, así coma estrés postraumático, a defensa do futbolista contratou un detective privado. A avogada de Santi Mina preguntoulle durante o xuízo se a denunciante vestía saias e roupa axustada e tamén se levaba unha “vida social normal”, poñendo en cuestión os seus hábitos. Unha muller que vista saias ou roupa axustada non pode ser vítima de abuso sexual? Isto alén de que os futbolistas xulgados, Santi Mina e David Goldar, ofrecesen catrocentos mil euros á vítima para que retirase a denuncia.

"Poñer o foco sobre a vítima en lugar de sobre os agresores, culpabilizala, desacreditala, acusala de mentir e atacar á súa imaxe son tácticas clásicas e feroces do patriarcado"

decoration

Aínda que sen estas cantidades económicas sobre a mesa, o patrón da defensa do futbolista é similar ao que seguiu a defensa da Manada anos atrás. Nestoutro caso, tras ser violada en grupo, a vítima foi fotografada no portal do seu edificio, nunha piscina e nun restaurante coa súa familia. Tamén ela sufriu un xuízo mediático devastador e tivo que enfrontarse ao feito de ser cuestionada, non só pola opinión pública, senón polos propios xuíces de primeira instancia. Poñer o foco sobre a vítima en lugar de sobre os agresores, culpabilizala, desacreditala, acusala de mentir e atacar á súa imaxe son tácticas clásicas e feroces do patriarcado.

Non imaxino o que supuxo psicoloxicamente para esta muller continuar adiante cunha denuncia coma esta, contra dous futbolistas, persoas cun elevado poder económico e un importante prestixio social. Malia que hai quen se empeña en continuar escribindo en redes sociais #santiminainocente, tamén existe unha rede de empatía e sororidade cunha muller que, non o esquezamos, é unha vítima. E non só de abuso sexual: tamén do sistema.

Compartir el artículo

stats