Suscríbete

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

tRIBUNA LIBRE

1º de Mayo: Festa do turbocapitalismo

Desde a instauración da democracia ou réxime do 78 estas foron as reformas laborais: 27 de outubro de 1977: Asinado por todos os partidos políticos con representación parlamentaria. 20 de decembro 1979: Acordo Básico Interconfederal que sentou as bases do Estatuto dos Traballadores. 5 de xaneiro de 1980: Acordo Marco Interconfederal co que se acordou moderación salarial a cambio de redución de xornada e foi a orixe da Lei Orgánica de Liberdade Sindical. 9 de xuño de 1981: Acordo Nacional de Emprego. 15 de febreiro de 1983: Acordo Interconfederal. 9 de outubro de 1984: A CEOE, UXT e o Goberno socialista asinaron o Acordo Económico e Social. 3 de abril de 1992: Real Decreto de Medidas Urxentes sobre Fomento de Emprego e Protección do Desemprego. 13 de xuño de 1994: Foi a reforma laboral máis intensa do mercado laboral español, promovida polo Goberno socialista sen a participación dos sindicatos. 9 de outubro de 1996: O Goberno asinou cos sindicatos UXT e CCOO o Acordo para o Emprego e a Protección Social Agrarios. 28 de abril de 1997: As patronais CEOE e CEPYME e os sindicatos UXT e CCOO asinaron o Acordo para a Estabilidade do Emprego e a Negociación Colectiva. 2 de marzo de 2001 e 24 de maio de 2002: O 17 de outubro de 2002 o pleno do Congreso aprobou o proxecto de lei de reforma da protección do desemprego. 9 de maio de 2006: Firma dun acordo tripartito na Moncloa, o Goberno, patronal e sindicatos deron o visto e prace á primeira reforma laboral do mandato de Zapatero. 6 de marzo de 2009: Cambio ao despedimento barato. En plena crise económica tras o estrepitoso fracaso do Goberno Zapatero, o PSOE aprobou a súa segunda reforma laboral, cuxo obxectivo consistiu en abaratar o despedimento. Aprobada o 17 de xuño de 2010, foi cualificada como a reforma de máis calado dos últimos 20 anos polo propio executivo socialista. 2012: Reforma do PP que abaratou mais o despedimento de Zapatero. Reforma do 2021: Confeccionada por Bruxelas e ratificada polo goberno, é transitoria.

En breve impoñerase por Bruxelas a definitiva. O goberno será o que por quenda corresponda, e a súa aprobación polo parlamento español é un mero trámite. Un quedar ben. É obvio que desde 1978 asistimos a políticas de privatizacións, desindustrialización, eliminación da soberanía, somos servos da UE, OTAN, FMI, e sometemento aos plans e programas ideolóxicos, políticos, antropolóxicos, morais e económicos das plutocracias financeiras globalistas. Todo iso en prexuízo dos pequenos empresarios, comerciantes, agricultores, traballadores, e da mocidade que ve reducidas as súas perspectivas de vida.

Para ocultar ou desviar a atención desta vergoña hedionda, así como dos jenízaros culpables, cómplices, e demais traidores, impleméntanse cuestións como o aborto, a eutanasia, o cambio climático, forma de vestir, cuestións sexuais, memoria histórica, touros, empoderamentos variados, inmigración masiva, degradación do sistema educativo, imposición da Lenda Negra, culpar a terceiros inocentes, que se fachas, ou os galos violadores, etcétera. E a banca mais rica que nunca.

Na presente lexislatura XIV os beneficios da Banca e grandes empresas son os previstos. E a pobreza e empobrecemento vai en proporción.

*Abogado e escritor

Compartir el artículo

stats