Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Ledicia Costas

Voyager

Ledicia Costas

Escritora

Desconexión

Os streamers representan un cambio de paradigma na comunicación e tamén nos xeitos de administrar o ocio. Hai quince anos era impensable imaxinar que sería posible mover a unha cantidade tan descomunal de seguidores desde a propia casa e cuns medios tan básicos: conexión a internet, un ordenador, un micrófono e unha cámara. A plataforma estrela é Twitch. A diario hai centos de persoas retransmitindo en directo as súas partidas nos videoxogos punteiros: Fortnite, League of Legends, GTA… Pero hai tempo que se rompeu a fronteira dos videoxogos. O ano pasado, Ibai Llanos retrasmitiu xunto con Gerard Piqué o Mundial de Globos, con 32 países participantes, 32000 euros en premios e 8,4 millóns de visualizacións. Isto é só un exemplo. Ibai xa retransmitiu as badaladas, partidos de fútbol e todo tipo de eventos masivos. Nomes coma AuronPlay, El Rubius, El Xocas ou o propio Ibai son habituais nas conversas entre a mocidade que adoita seguir as partidas en directo. Entre os 20 streamers con maior número de seguidores en Twitch a nivel mundial tan só atopamos unha muller: Pokimane. En España hai mulleres streamers cun éxito importante: Cristinini, LaKshartNia, Mary Soldier ou Parecetamor.

O nome de ElXocas (Joaquín Domínguez), leva tempo rodeado de polémica. O creador que retransmite a diario, chegando a alcanzar as 12 horas, confesou que conxelaba os restos de comida para evitar o mal cheiro e poder tirar o lixo semanalmente. “Mi congelador está lleno, pero no está lleno de comida. Bueno, realmente sí. Pero de comida ‘ya comida’. Comida que sé que va a oler mal si la meto en la basura, y que congelo para luego juntarla y no tener que bajar la basura cada dos o tres días. Así solo bajo la basura una vez a la semana”. A finais de marzo anunciou que precisaba un descanso. A brevísima retirada veu forzada porque descubriron que empregaba contas falsas para insultar a quen o criticaba. “Me voy a tomar una semana libre o más si lo necesito para reflexionar e intentar corregir todo lo que he hecho mal”, anunciaba en Instagram. A saúde mental e a depresión foron algúns dos temas que entraron no debate. Semellaba evidente que ElXocas precisaba axuda psicolóxica.

Esta semana foi protagonista dunha nova polémica polas seguintes palabras que pronunciou para trinta mil espectadores: “Cuando salía con mis colegas, de joven, se divertían mucho llevándose a pibas que estaban colocadas, y tal, y ellos no lo estaban. Entonces era muy fácil ligar: una tía que generalmente te vería como un cuatro, te ve como un siete porque está colocada. Y tú encima estas sereno, mides perfectamente tus palabras. Chupado”. O que ElXocas vende coma unha táctica para ligar é en realidade promover o abuso sexual de mulleres en estado de embriaguez, un feito que pode ser constitutivo de delito. Empregando as súas propias palabras: “Un crack, un fuera de serie, un puto pro”, que normaliza o abuso e non coñece o que significa o consentimento e que onte anunciou que vai organizar en Twitch unha charla sobre o tema. Desconecto.

Compartir el artículo

stats