Velaí o lema da campaña que este ano 2022, Autismo Europa propón para este dia 2 de abril: Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo. Unha viaxe feliz pola vida, a que as persoas con Autismo e as súas familias teñen todo o dereito. Unha viaxe que comporta posuír unha calidade de vida simbolizada por un tren, no que cadanseu vagón reivindique os servizos específicos e individualizados, para as necesidades que as persoas con Autismo e as súas familias necesitan, desde que nacen e ao longo das diferentes etapas da súa vida.

Vagóns, onde a detección precoz e diagnóstico, atención temperá, formación profesional e emprego, a vida adulta, envellecemento activo, respecto a diversidade e a autodeterminación formen parte dunha rede de servizos para o Autismo.

Unha vez que sabemos como se sinte unha persoa con Autismo, temos que preguntarnos o que podemos facer para mellorar o seu dia a dia? Neste senso, a campaña que cada ano fai a nivel mundial Autismo Europa, Autismo España, Autismo Galicia ou Fundación Menela en Vigo, non pode ser outra que a sensibilización social sobre o TEA, para visibilizar e promover unha mellor comprensión do Autismo. Campañas que supoñen unha experiencia social de comunicación e interacción a través de intercambios verbais e actividades para que as persoas con Autismo, e as súas familias, terapeutas e amigas, trasladen ao entorno mais próximo os retos e desafíos aos que se afrontan no seu día a dia, có obxectivo de mellorar a súa comprensión.

Un trastorno o Autismo que hoxe sabemos, que non se pode curar, que pasou de ser un a moitos Autismos, de puro a complexo, que en diferentes individuos probablemente ten diferentes causas e etioloxías e que nun só individuo diferentes síntomas poden ter diferentes orixes, a convivencia no Autismo de problemas de saúde mental, discapacidade intelectual, epilepsia ou outros problemas neurolóxicos, a falta de detección nas persoas maiores, a marxinación diagnostica nas mulleres...e da súa incidencia a dia de hoxe de chegar a 1 caso por 100 habitantes.

Outro dos problemas cos que nos confrontamos é o da agrupación de tódolos Autismos, no que coñecemos como Trastorno do Espectro do Autismo (TEA), desde o ano 2013, a través da famosa Guía de Consulta dos Criterios Diagnósticos (DSM-5). Unha Guía ao tempo que practica moi controvertida.

Despois do seu descubrimento por Leo Kanner (1943) e Hans Asperger (1944), o concepto de autismo ao longo da historia mudou de nome desde o autismo infantil precoz (Kanner, 1943), pequenos sabios (Asperger, 1944), psicoses infantís e/ou esquizofrenia infantil (1952), trastorno xeneralizado do desenvolvemento (1994), para e desde 2013 rematar, en que todas as variantes de Autismo confluísen no trastorno do espectro do autismo TEA.

En calquera caso, os Autismos pasaron de ser un modelo médico a un modelo social, cuestionándose os seus déficits e falar mais de neurodiversidade, tal como propoñen as investigadoras Francesca Happé & Uta Frith.

*Director Xeral Fundación Menela