Opinión
Revival
A historia da dereita española, e como non, da galega tamén, constrúese sobre traizóns, egos mal entendidos, miseria moral e deslealdade.
O enésimo capítulo desta serie de innumerables tempadas fala dunha estrela emerxente á que queren apagar o seu brillo, pola vía de sempre. Filtracións interesadas, investigadores falabaratos, secretarios xerais incapaces, e presidentes mornos... Así é o cóctel que se remexe nun Partido Popular no que é máis importante a poltrona da rúa Génova que as necesidades dos españois.
O método é moi semellante ao utilizado en Galicia en tempos do ‘Prestige’. Se disinten, a por eles, se non se dobran ante o que esixen os mediocres, entón comezan a carburar os “fontaneiros” para desatascar todo o que non deixe fluir a auga ao dono do edificio como quere. A historia do PP poderíase resumir en aquela frase do vello Pío Cabanillas, que tantas veces vin na miña casa sendo neno: “Al suelo, que vienen los nuestros”.
Un Partido Popular de Galicia comandado por fillos políticos dos que utilizaban os mesmos métodos, e que baixo o palio do Opus Dei, daban indicacións como monseñores do Cesaropapismo, de aqueles que había que guillotinar por no facer xenuflexións. Curioso é tamén que non hai moito tempo, Ayuso e Casado –que Deus o teña na súa gloria, politicamente falando– presentaban xunto a M. Rajoy un libro titulado “Política para adultos”.
Debe ser que este texto aínda non o teñen interiorizado, e por iso están dando unha imaxe propia da época do “florido pensil”, por infantil, rancia e patética. Nin Casado está capacitado para dirixir o grande barco da dereita, nin Ayuso demostrou o temperamento suficiente para liderar no futuro ese proxecto.
Cal é a alternativa? Pois seguramente un grupo de protofascistas, engalanados coa bandeira española, que teñen como obxectivo básico involucionar á nosa sociedade a base impoñer recortes en dereitos sociais. Se a irrupción de Podemos foi culpa do estado de “coma inducido” do PSOE no seu momento, a de Vox ten a única e exclusiva responsabilidade en un Partido Popular que non é máis que o “Retrato de Dorian Gray”, no que, cando levantas a tela para ver o lenzo, atópaste a imaxe degradada e corrompida dos de sempre. Ou non?
* Coordinador de Compromiso por Lalín
Suscríbete para seguir leyendo
- Ahora muchos lo ven claro en el PSOE: Lastra fue 'borrada de Ferraz' por la denuncia del 'puterío' de Ábalos... y Cerdán tomó el poder
- Divertículos en el colon: Qué son, cómo prevenirlos, sus síntomas y opciones de tratamiento
- Calleja se despide de Cuatro en Galicia alabando a los gallegos y su gastronomía
- Síntomas para descubrir a tiempo la enfermedad más mortífera y difícil de diagnosticar
- El conocido punto de venta de drogas de Vigo que da problemas cada semana
- Ni dolor de espalda ni hernia discal: los signos de alarma para sospechar de un tumor vertebral
- Encierra a su expareja semidesnudo en el balcón de su vivienda en Vigo y los bomberos acuden con la escalera a rescatarlo
- Ilaix firma por cuatro temporadas