Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

A lectura do libro de Javier Moro “A flor de piel”, na súa sexta edición (Seix Barral, 2021), en plena pandemia COVID-19, coas súas variantes delta, ómicron..., lémbranos a unha muller excepcional Isabel Zendal, nacida en Santa Marina de Parada (Ordes, A Coruña), en 1773 e morta en Puebla, México, sen que aínda saibamos a data.

Zendal formaría parte da Real Expedición Filantrópica da Vacina, dirixida polo Dr. Francisco Javier Balmis (Alacante, 1753 – Madrid, 1819), acorde co Decreto Real do 14 de outubro de 1803. Unha expedición con 22 nenos de 3 a 9 anos (6 da Casa de Desamparados de Madrid, 5 de Santiago de Compostela e 11 do Hospital da Caridade de A Coruña). Aos 13 anos morreralle a nai a Zendal de varíola, e con 20 anos comeza a traballar no Hospital da Caridade, fundado por Teresa Herrera, como axudante e logo como reitora. O seu fillo Benito, que coida como nai solteira, tamén iría na expedición.

Con 30 anos, Zendal a bordo do “María Pita” levan áncoras o 30 de novembro de 1803 desde A Coruña rumbo o continente americano, coa misión de aplicar a vacinación variólica. Despois dunha escala e vacinar nas Illas Canarias, de Santa Cruz de Tenerife poñen rumbo a América o 6 de xaneiro de 1804, para arribar a Porto Rico o 9 de febreiro. Sorprendéronse de que o Dr. Francisco Oller Ferrer (1757 - 1831), xa vacinaba con linfa procedente das illas de Santo Tomás. A expedición continúa en maio de1804 e atraca en La Guaira (Venezuela) e La Habana en xuño dese mesmo ano, onde tamén o Dr. Tomas Romay Chacón (1764 - 1831), vacinaba como sucedera en Porto Rico.

"En 1950, a OMS recoñeceuna como primeira muller enfermeira en misión humanitaria internacional"

decoration

No Caribe a expedición escíndese e o subdirector da mesma o Dr. José Salvany y Lleopart (Cervera, Lleida 1778 - Cochabamba, Bolivia 1810), vacinara masivamente en cadanseu vicerreinado de Colombia, Perú, Chile e Bolivia, namentres que Balmis con Isabel Zendal poñen rumbo a México, iniciando a vacinación desde Veracruz por toda a Nueva España, e preparando ó pouco tempo a campaña das Filipinas. Levan áncoras de Acapulco a bordo da fragata Magallanes o 7 de febreiro de 1805 e arriban a Manila o 15 de abril. Balmis, aínda se achegaría a Macao e Pantón vacinando no continente asiático. Zendal regresaría a Puebla (México).

A OMS recoñeceu a Isabel Zendal en 1950, como: “A primeira muller enfermeira en misión humanitaria internacional, a bordo da expedición que levou a América a vacina contra a mortífera varíola a principios do s. XIX. Grazas á súa determinación, valentía e o seu amor pola humanidade, a historia da saúde leva o seu nome Zendal”. En México, desde 1974 o Goberno concede cadanseu ano, ó Premio Nacional de Enfermería Isabel Cendala Gómez, e a Escola de Enfermaría da Facultade de Medicina de Puebla leva o seu nome. A Coruña dedícalle unha rúa no centro histórico, unha estatua de Acisclo Manzano, un monumento na Casa do Home aos 22 nenos da expedición e a creación da Asociación Isabel Zendal. En Madrid inaugúrase en 2020 o Hospital enfermeira Isabel Zendal.

Son moitas as entidades que honran o nome desta extraordinaria muller. Escritoras como: Julia Álvarez, Antonio Villanueva, Javier Neveo ou María Solar, teñen escrito novelas de ficción sobre Zendal. TVE proxectou “Los Ángeles Custodios” de Miguel Bardem e o documental “Isabel Zendal, la enfermera que cambió el rumbo del mundo”.

A marca Zendal do grupo empresarial galego Zendal en Porriño (Pontevedra), está inspirada en Isabel Zendal. Unha empresa de proxección internacional e líder na fabricación de vacinas e produtos biolóxicos. A historia da empresa, é o resultado da primixenia e popular Zeltia, fundada en 1939 en Vigo.

Zendal creou desde 2019 os Premios Zendal Awards. O 18 de novembro 2021, foron entregados os Premios Zendal 2020, no Auditorio da Fundación Barrié en Vigo. A carón dos científicos premiados, subiu ó estrado o escritor Javier Moro, para falar do seu libro arredor de Isabel Zendal. Un acto ben interesante cando se establece esa marabillosa complicidade entre a ciencia e a cultura.

Compartir el artículo

stats