Opinión
Serafín Valladares Guimeráns
Ata sempre, Tito
Mércores, sobre as 14.00 horas, recibín un wasap que dicía: Sera morreu Valeriano. Non daba crédito, pero así foi. Xoves pola mañá fun ao tanatorio do Concello de Bueu, onde atopei aos seus irmáns José (Pepe) e a Carlos, así como a José, cuñado do meu querido amigo, á parte de darlle o pésame, pouco máis pode un facer.
O certo é que a parroquia de Aldán chorou a Valeriano, do mesmo xeito que moitísima xente de Bueu, onde vivía dende hai anos coa súa muller, que desde aquí quero darlle as miñas máis sinceras condolencias, xa que está máis esnaquizada que ninguén.
Non hai palabras para definir o gran traballo que levou sempre con humildade, sinceramente penso que é un exemplo para seguir para toda a clase política, eficacia e honradez, á parte da súa forma de ser unha persoa “humilde”, con esas palabras definiría eu ao meu querido amigo veciño e compañeiro de clase, no Colexio Público de Espiñeira, de Aldán .
Dende aquí soamente darlle as miñas condolencias tamén a toda a familia e amigos , e aconsellar aos políticos/as de tódolos partidos que deron o pésame, que sigan o exemplo de Valeriano, seguro que nos iría mellor a todos. Nunca che esqueceremos, amigo.
- Consiguen detener al conductor de un camión que circulaba sin control por la A-55 debido a una crisis diabética
- Un hombre afronta una multa de 225.000 euros por pilotar ilegalmente un dron desde el Castro de Vigo
- Le imponen 5.500 euros por dejar el coche «aparcado» en un taller de Vigo durante seis meses
- María José Crispín, doctora experta en nutrición: «Ya no se recomienda hacer cinco comidas al día»
- Melody pone en jaque su participación en Eurovisión: «No voy a ir a Basilea, es el momento de decirlo»
- El pueblo donde mejor se come de Galicia: un tesoro 'infravalorado' en plena Ribeira Sacra
- Hallan semen de tres varones distintos en el caso de la violación de San Campio
- Padín forzó al «Pitanxo» a la zozobra final con el buque ya escorado y con sobrepeso