Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Xosé Luis Méndez Ferrín.

Os camiños da vida

Xosé Luis Méndez Ferrín

L’Alguer en contexto

A detención e fulminante posta en libertade do presidente Carles Puigdemont tivo como escenario a vila sarda cuxo topónimo oficial italiano é Alghero. Todos os comentaristas políticos españois, e naturalmente os da maioranza anticatalana, escribiron e pronunciaron o nome da tal localidade na súa versión catalá, ou sexa Alguer, aínda que, tamén, poderíamolo ter usado co artigo: L’Alguer.

O feito de os comentaristas mobilizados en España contra as razóns históricas da Galeuzka tan agarimada por Castelao, ignorando o nome italiano de Alghero, usaren só o catalán Alguer, constitúe unha victoria, certamente mínima, do nacionalismo que, no seu programa, ten situado uns Països Catalans nos cales se inclúe tamén a pequena cidade sarda da que estamos a falar. Guiseppe Tavani que conservaba casa familiar en L’Alguer sen el porvir da minoría catalanófona sarda parece que, de neno, frecuentara a amizade de compañeiros que falaban catalán nas súas familias. A partir dos anos cincuenta, o catalanismo cultural do Omnium con diversas entidades do Principado e as revistas “Serra d’Or”, ou “Destino” falaron moito de L’Alguer e foi canonizado un fluxo de turismo cultural catalanista a esta cidade que, daquela, empezou a ser coñecida como “La petita Barcelona”.

Eu non sabería decerlles de onde e de quen procede a noción Països Catalans

decoration

Naquel idilio dos pasados anos cincuenta e sesenta, fixo sentir a súa presenza protectora Jordi Pujol. Na beirarrúa contraria, o PSAN ( e o PSAN-P), independentista de esquerda, era entusiasta valedor, na clandestinidade, dos Països Catalans nos que figuraba aquela pequena comunidade de lingua e cultura que, ergueita nunhas debrocas marítimas de Sardeña, que desde 1372 non deixou de ter veciños que se comunicaban na lingua catalana nada ao pe dos Pirineus. Eu non sabería decerlles de onde e de quen procede a noción Països Catalans. Eles estarían integrados, alén de Cataluña, por Andorra, A Cerdaña, O Rosellón, A Franxa de Aragón, o antiguo reino de Valencia, as illas Baleares e o Alguer que motivou esta pobre prosa. Son territorios que teñen en común o teren os seus habitantes a lingua catalana como propia. Coido posíbel que na xestación e difusión do concepto de que falamos estivese presente o filólogo Antoni Maria Badia i Margarit, a medidaos do século XX.

Compartir el artículo

stats