Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Cipriano Luis Jiménez Casas

Mulleres matemáticas de noso

O libro Mujeres matemáticas: Las grandes desconocidas (2017) de Amelia Verdejo Rodríguez (Servizo de Publicacións da UVIGO), pon en valor as mulleres matemáticas ao longo da historia da humanidade. O caso paradigmático de En Hedu’Anna (2300 - 2225 a. N. E.), foi transcendental, como a primeira astrónoma e sabia en estrelas, realizando o primeiro mapa estelar do que se ten noticia. Na Magna Grecia, dentro da Escola Pitagórica, con Theano ao fronte, moitas mulleres dan impulso a Teoría dos números, o Teorema da razón áurea así como a Cosmoloxía e Construción do universo. Ao que contribúen desde Atenas Aglaónike (s. VI-V a. N. E.), especialista en predición de eclipses; e posteriormente dende Alexandría Hipatia (370 - 415), matemática, astrónoma, tecnóloga e filósofa, protagonista no filme Ágora, 2009, de Amenábar.

Ao longo da Idade Media Hildegard von Bingen (1098-1179), investiga as ideas cosmolóxicas gregas e xudeu-cristiáns, e xa no Renacemento Elena Cornaro-Piscopia (1646-1684), seria a primeira muller doutora no mundo ca súa teses O Análises e a Física de Aristóteles, que lle permitiu exercer de profesora de matemáticas na Universidade de Pádova. A gran Revolución Científica, con Nicolas Copernico (1473-1543), e a Reforma Protestante (s. XVI), continuase con Galileo Galilei (1564-1642), René Descartes (1596-1650), Newton (1643-1727) e Leibniz (1646-1716), non foi allea ás mulleres, que coñecidas como As Damas de Ciencia, traballaron cóbado con cóbado cos que pasaron á historia como as grandes artífices dela.

Nos s. XVII ao XX, numerosas mulleres destacan na astronomía e nas matemáticas: Sophia Brahe (1556-1643), Elisabetha Hevelius (1647-1693); María Winkelman (1670-1720); Émilie du Breteuil marquesa de Châtelet (1706-1749); María Gaetana Agnesi (1718-1799) famosa pola mal chamada “curva de Agnesi”; Carolina Herschel (1750-1848); Sophie Germain (1776-1831); Mary Fairfax Greig Somerville (1780-1872) coñecida como “a raíña das ciencias”; Ada Byron Lovelace (1815-1852), visionaria e nai da programación informática, e a do “Algoritmo Ada”; Sofia Kovalevsky (1850-1891; Mileva Maric (1875-1948); Amalie Emmy Noether (1882-1935); Florence Nightingale (1820-1910), pioneira da “estatística médica”; Williamina Fleming, Annie Jump Cannon, Antonia Maury, Margaret Harwood ou Henrietta S. Leavit, científicas do Observatorio Astronómico de Harvard.

A profesora Verdejo da conta da importancia das Sociedades Económicas de Amigos del Pais, que no s. XVIII tiveron defensores da incorporación da muller a traballos produtivos, pero non a súa capacidade intelectual, ata que en 1787 Carlos III pon fin a disputa decretando a admisión das mulleres na susodita sociedade.

Neste contexto destaca a matemática aragonesa María Andrea Casamayor y de la Coma (1720 - 1780), a primeira científica da Ilustración polo seu hábil manexo dos números e o profundo coñecemento da aritmética. O seu libro Tyrocinio aritmético. Instrución de las cuatro reglas llanas (1738) seria asinado con un pseudónimo.

As mulleres matemáticas de noso, acontece no s. XX con Antonia Ferrín Moreiras (Carballiño, 1914 – Santiago de Compostela, 2009), discípula dos profesores Enrique Vidal Abascal e Ramón María Aller. Ferrín, convertese na primeira doutora en Astronomía e a primeira muller matemática galega profesora de universidade coa creación da Sección de Matemáticas da USC; María J. Wonenburger Planells (A Coruña, 1927-2014), matemática alxebrista polas universidades de Yale, Siracusa, Queen (USA) e Ontario e Toronto (Canada). Investigadora recoñecida internacionalmente, tardou tempo en ser valorada en Galicia; Peregrina Quintela Estévez (Vigo, 1960) Catedrática de Matemática Aplicada na USC desde 2000 e premio María Wonenburger 2016. Consuelo Romón, María José Souto, Ana Tarrío, Victoria Otero Espinar, Elena Vazquez Cendón, Josefina Ling Ling, Elena Vázquez Abal, María Luisa Fernández Rodríguez ou Maria del Rosario González Dorrego, forman parte dunha longa lista de matemáticas de noso.

*Psiquiatra e Psicanalista. Membro da Asociación Cultural Pertenza

Compartir el artículo

stats