Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

tRIBUNA LIBRE

Palabra e obra

Descifrar a través da palabra o que, se cadra, nin siquera sabemos se foi elexido por nós, transformalo nunha imaxe xogando coas mans e experimentando a danza como linguaxe do corpo para non caer no nihilismo do non sentir.

Facerse preguntas. Como encher eses baleiros que deixan o seu infinito rastro de incertezas. Como abordar o abismo do encontro co outroe o final dun mesmo. Ir buscando as sombras para descubrir a frialdade do que o lume converteu en cinza. Atoparnos co que somos para escoller o que queremos ser, para poñerlle cara ao enigma do que procedemos.

E así xorde a palabra , do silencio e da acción, da sensibilidade, convertindo o que toca en obra. Desa desnudez renacemos, nunha nova epifanía que nos achega á vida en todas as súas posibilidades. Discernir, albiscar para superar a escuridade, unificar a mente coa sensación de ser. É un tempo de tránsito que nos leva cara ao amencer, cheo de luminosidade, onde os ceos abstrctos atopan o mar.

E aparece a pregunta eterna, o amor e a vida quizais non veñan do mesmo acto xerminal do noso ser? Entón, por que os separamos? Quizais na busca da beleza sexa a resposta.

*Autores da exposición “Palabra e Obra”, na Capela do Hospital de Cangas

Compartir el artículo

stats