“O macho é a inevitable barbarie” (Carlos Monsiváis, escritor mexicano, 1938-2010).

Os feitos aconteceron na data do 18 de agosto do 1936, na localidade de Marín. Carmen Pesqueira, alcumada “A Capirota”, foi víctima dun arripiante asesinato levado a cabo por unhos desalmados falanxistas, dirixidos por Bruno Schweiger Damboeck, “O alemán”, un nazi afincado en Marín, e xefe da Centuria de Zapadores da Falanxe na vila. Que se saiba A Capirota non tiña afiliación algunha nun partido político ou sindicato obreiro. Adicábase a lavar roupa allea ou coser para un priorato. Tiña vintenove anos e había tido un fillo sendo solteira.

Cal foi, entón, o seu delito que lle levóu dende o seu martirio ata a morte? Segundo o relato dos feitos, incrimonou a unhos falanxistas pola malleira a un ancián por non erguir o brazo cando se cantaba o “Cara ao sol”. A súa condea estaba escrita. Na noite foi levada por aquela toleada manda de moi machos ata o lugar do Pozo da Revolta, en Baguí, na parroquia de Mogar. Alí foi violada, torturada, mallada a golpes, e ao final tiroteada. Na mañán doutro día, volveron aqueles cafres e montaron o seu corpo nunha camioneta, e pasearonno polos pobos da zona para que servira de escarmento a xente. Finalmente, o seu corpo foi arroxado nunha rúa de Bueu.

No oitenta e cinco aniversario daquela traxedia, Marín ven de redirlle homenaxe A Capirota. No lugar do Pozo da Revolta, onde acaeceron aqueles feitos, hai unha placa adicada, coma homenaxe, a todos os represaliados na guerra e na postguerra polo chamado bando nacional.

Foi un dos moitos crimes que ficaron sen castigo en Galicia. Unha terra na que non houbo caseque enfrentamento bélico algún, nin siquera actos violentos no período republicán. Daquel criminal, Schweger, pouco máis se soubo das súas fazañas sanguentas. Segundo parece foi ferido na guerra un 21 de febrero do 1937. Acontecemento polo que se lle concedéu a “Medalla de Sufrimientos por la Patria”. Toda unha ironía da vida. A Patria era patrimonio daqueles vencedores nunha guerra, que prolongaron cunha represalia falla de piedade, tan alonxada do credo do que proclamaban coma cruzados da fe católica.

Fai oitenta e cinco anos a historia nos mostra que xa existían as mandas machistas, que hoxe condeamos. Máis, aquelas mandas endexamáis tiveron condea algunha, co agravante de torturas ata a morte dunha muller, sen dúbida polo xeito de ser muller, traballadora humilde, nai solteira, e axudar a un ancián malferido. Un reto insoportábel para todo un macho alfa nazi.