Como era de esperar os indultos aos presos cataláns convertiu, -outra volta- o Parlamento español nun lugar de enfrontamentos e palabras grosas: insultos, mentiras, berros e unha vez máis demostración de mala educación ebaixa calidade política.

É e descorazonador ver a un home novo (presidente do PP) persoeiro de dudosos títulos e que todo o seu “currículum“ se fixo na [Cova de Alí-Baba] onde a mentira levou a España a unha guerra. Pueden creerme, tengo información fidedigna: En Irak hay armas de destrución masiva), José María Aznar en Antena 3 televisión. E esta mentira levounos a unha guerra cando as manifestacións en contra eran do 90 % da cidadanía española.

Detrás viñeron os Zaplana, Rato e toda a equipa daquel señor de bigote:uns polos cárceres e polas comisións no Parlamento; até hoxendía que é aburrido ver como se espiaban entre eles e elas.

A formaciónde Casado foi avanzada, e por iso mesmo E quen de mentir, insultar, calumniar sin que se lle vexa ben a cara; para iso está a barba.

Non pensaba eu cando empecei este relato que me ía ocupar tanto. O que me alporizou esta mañán foi a letura dunha carta na seción , ¿y tú que opinas? Asinada por Ramiro Sampedro, co título, “El colmo de la lógica”.

Quédome só cunhas líneas. -(Sobre os presos políticos –testual– catalanes, se les concede el indulto sin arrepentirse y además dicen que lo volverán a hacer).

De todo o que teño leído nas páxinas de Opinión, non teño atopado nada que poida dar unha razón; unha idea ou algo que se asemelle a entender o problema catalán: só atopo unha presión ultramontana contra o Goberno. Ninguén ten algo que dicir –que ademáis de criticar ó Goberno (En un debate non tan visceral)– déa alguna idea de como resolvelo?

-No piden perdón!

-E por que o ían pedir?.

Non mataron, nin meteron xente en cárceres e campos de concentración; non roubaron criaturas, nin abandonaron ás viúvas e aos orfos (non da guerra,sinon dos asesinados despois do Levantamento do 18 de xullo do 1936).

“Perdón”.Si, aconteceu o 15 de outubro do 1977. Reunidas as Cortes no Parlamento, un home, con voz potente e o estilo propio de quén estaba afeito a disfrutar dalgún cargo dictatorial, […La Ley de Amnistía queda aprobada.El perdón para todos los españoles… para que podamos abrazarnos sin rencor…sin rencor…]. Eu daquela xa tiña 43 anos e cando reacionei sentín arrepios. Aquel home estábame a perdoar qué?. Os criminais foran eles que serían os que tiñan que pedir perdón. Asociar a vitimas e verdugos nunha Lei de Amnistía é indigno e mantela hoxe poito peor. Nós, as vitimas non fomos os que asasinamos aos nosos país; porén non se nos pode mesturar, nin cos criminais nin cos que nos aldraxaron durante a crimina ditadura.