Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Xosé Luis Méndez Ferrín.

Á espera da tormenta

Estamos á espera da grande treboada. Ou da tormenta seca, como foron algunhas do pasado en Vilanova dos Infantes. Noto ás persoas queixarse da calor e pendentes da información meteorolóxica. A idea de mudanza climática ten algo de redundante e nótoa encapotada cun certo terrror apocalíptico.

Consustancial á idea de clima é a de cambio. Antano o home do tempo era un señor moi sabio que falaba con pronuncia manchega e economía de xesto e acenos: Mariano Medina. Máis tarde fíxose coñecido e aprezado na televisión galega, o señor Pemán. Hoxe os que dan o parte do tempo son xente ben vestida que bracea, non está cos pes quedos, xesticula e muda o ton de voz por veces sen moito sentido. Entre Pemán e os novos comunicadores meteorolóxicos median os cambios léxicos. Desapareceron as mareiras e fortes mareiras e morreu de morte morrida a galerna. Todos estamos encantados coa meteoroloxía que nos predí con moita exactitude o tempo do próximo futuro.

"Entre Pemán e os novos comunicadores meteorolóxicos median os cambios léxicos"

decoration

Na miña nenez, a raíz do lanzamento das bombas atómicas, viñeron uns veráns quentes coma bocas de forno: comenzouse a falar do cambio climático. Nas presentes condicións climatolóxicas, Joe Biden decide restaurar o poder do seu Imperio. Naturalmente, Biden arranca do primeiro alicerce no que se funda o Imperio Norteamericano que non é outro que a alianza permanente co Imperio Británico.

É, como hai memoria histórica e política permanente, no departamento de estado norteamericano, Biden lanza un slogan (aturuxo, en gaélico escocés), que repiten todos os sabios politólogos das provincias: “América (EE UU) regresa”. Ou sexa, que estivo perdida con Trump e xa está de volta no posto de mando planetario. Un relanzamento da UE está sendo activado por Biden. Ao mesmo tempo,el apoia o Brexit e está co Imperio Británico. Esperamos unha tormenta política no intre en que os EE UU vaian executando os movementos previstos para anular China e deconstruír Rusia.

"Esperamos unha tormenta política no intre en que os EE UU vaian executando os movementos previstos para anular China e deconstruír Rusia"

decoration

O G7 xa foi; en breve, a OTAN coñecerá un renacemento. O que vaian durar as tronadas ou o aparato eléctrico da tormenta prevista xa o iremos vendo a partir dos encontros de pasado mañá en Xenebra. Seguro: Puerto Rico seguirá sendo unha colonia norteamericana igual ca o Sáhara Occidental unha provincia marroquina. Sen embargo, a Historia continúa.

Compartir el artículo

stats