Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Cipriano Luis Jiménez Casas

Vilas e cidades sostibles?

A palabra inglesa “sustainable”, os franceses tradúcena por “durable”. En galego empregamos sustentábel, sustentábeis (pl.), sostible ou sostíbel. Un termo que nos permita preservar, manter e mellorar a calidade dos recursos e dos equilibrios naturais, así como velar polo futuro (RAG).

Na introdución do libro: “Villes durables. Quelles villes pour demain? (Editions Sciences Humaines, 2020), Thierry Paquot, se pregunta: Como facer que as vilas/cidades sexan sostibles? Como apoiar unha ecoloxía dos territorios urbanos e non urbanos de cara a que as condicións de vida non se tornen insoportables? Porén, a cidade sostible é tan só un concepto, unha achega insatisfactoria que non abarca unha soa realidade, mais ben o contrario, supón un conxunto de procesos, experimentacións –utopías-, levadas por actores con vontades singulares presentes, en territorios, cada vez máis diferentes en cadansúas das vilas e cidades de referencia.

Non se trata de inventar nada: “A orixinalidade –di Freud- é infrecuente, case que todo, ou é repetición ou esquecemento”. En Suecia, Francia, Dinamarca, Alemaña, Cuba...e outros países, as accións e as políticas medioambientais traducen cuestións frecuentemente contraditorias. Como conxugar a calidade medioambiental, o desenvolvemento económico e a xustiza social? Que facer nos territorios onde a poboación esta enfrontada ao mesmo tempo á precariedade económica, á fraxilidade do seu medio ambiente e tamén á indignidade do seu hábitat? Como repensar os nosos medios de desprazamento e ter o aire das nosas vilas / cidades respirábeis? Que podemos esperar das innovacións arquitectónicas dos eco distritos e do importante aumento das vilas / cidades intelixentes? Abofé, co desenvolvemento sostible das vilas / cidades é dunha grande importancia no momento presente, polo que aínda nos queda o derradeiro interrogante. Que será do noso cotián urbano o día de mañá?

Karl Marx e Friedrich Engels na: Ideoloxía alemán, de 1845/1846 e publicada en 1932, propoñen unha das claves interpretativas da historia da humanidade, e suxiren, como o fará posteriormente Fernand Brandel, que a “Vila / Cidade, é un feliz accidente da historia”, deixando entender que as vilas non existen máis que nun tempo dado.

O informe Brundtand, publicado en 1987 (Our common future / O noso futuro a todos), teoriza sobre a sustentabilidade (desenvolvemento sostible), con tres pilares: o social, o económico e o medioambiental. Porén, non sería o desenvolvemento o que hai que facer durable, senón o durable que convén desenvolver!!

En 1989, Félix Guattari (1930-1992), psicanalista e filosofo francés, publica un pequeno libro: Les Trois ecologies, Galisée, 2008 (As Tres ecoloxías), cuxa proposta principal argumenta que a ecoloxía debe entenderse en tres eixos, tres ecoloxías de feito inseparables: unha primeira ecoloxía mental ou reconstrución da subxectividade individual, unha segunda subxectividade social ou de reconstrución da subxectividade colectiva centrada no pluralismo e a disidencia positiva, e finalmente un terceiro entorno ambiental para poñer fin á ruptura moderna entre a natureza e a sociedade.

O libro de Guattari permite unha reflexión final que remata: “sen unha revolución mental e social, non é posible ningunha revolución ecolóxica”.

*Psiquiatra e Psicanalista. Membro da Asociación Cultural Pertenza

Compartir el artículo

stats