Nesta carta pretendo plasmar o sentir do meu barrio natal, barrio da parroquia viguesa de Bembrive, Os Ramallos.

Crecín na estrada do San Cibrán, moi preto do bar da Chicha. Máis cun bar era o centro neurálxico dos veciños.

Moitas tardes pasei frente a porta do bar, xogando na rúa cos poucos nenos que nacimos alí.

Bicis, xogos de pelota, que moitas veces remataban coas reprimendas dos veciños xa que non era nada raro romper algunha que outra cousa valiosa ó xogar a “furar”.

E entre as entradas e saidas dos clientes do bar unha pequena muller chea toda ela de forza e vitalidade pasaba a toda velocidade para arriba e para abaixo cruzando mil e unha veces a carretera, dende o bar subía o seu “chouzo” e dende alí baixaba cargada de leña ata a cabeza, leña que era o combustible para a sua cociña de ferro onde facia deliciosos xantares, e como non, os nenos que rompiamos as cousas o xogar o furón tiñamos o pracer de probar, eu sobretodo disfrutaba cos postres do entroido. As orellas e as flores eran unha verdadeira delicia para min e para todos eses nenos do barrio que non saian de alí. E esa pequena muller chea de nervio sacaba tempo, ainda hoxe non sei de onde, para ser o motor de todos os acontecementos que tíñamos no ano. O San Blas, que enchia o barrio como nunca, e que o cocido da Chicha movía masas, o entroido, o San Xoan, A Rondalla dos Ramallos no Nadal...

Fai un ano perdemos ó noso Fonso, pau moi duro xa que como a sua compañeira de vida tiña o corazón cheo de ledicia e agarimo para todos e agora temos que facer frente á perda de Chicha.

Pecho os meus ollos e sigo vendo a esa muller incombustible, chea de vida e de ledicia, activando e contaxiando coa sua vitalidade a todos os veciños.

Non tiñades que partir tan pronto, os nenos non tan nenos hoxe do barrio quedamos orfos. O que teño moi claro e que sempre viviredes nos nodos recordos.

E para rematar non quero deixar de agradecer o agarimo e a xenerosidade coa que sempre nos tratástedes, a pesar dos estropicios que faciamos díante da porta do bar.

Bicos o ceo para vos, Chicha e máis Fonso