Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Cipriano Luis Jiménez Casas

Xacobeoautismo, 2021 (e III)

A 4ª Etapa é de Teis a Redondela, de 10,1 km. O 19 de maio chegamos á vila choqueira de Redondela, onde seremos recibidos pola súa alcaldesa.

A “vila dos Viadutos”, Redondela, está situada na marxe sur da Ría de Vigo e fronte a ensinada de San Simón. Poboacións castrexas estiveron asentadas no monte do Castro e a Peneda. O 23 de outubro de 1702, librouse a Batalla de Rande, entre a escuadra castelá-francesa e a anglo-holandesa, na Ría de Vigo fronte a Redondela.

No s. XX, coincidindo co auxe da industria ferroviaria, construíronse, en Redondela, dous Viadutos que a atravesan de cara a Pontevedra e Madrid. As Illas de San Simón e Santo Antón, tan próximas a Redondela, están cargadas de historia, xa que foron: centro monástico saqueado polos piratas en mais dunha ocasión, tamén se utilizaron como leprosarías (1830 a 1927), campo de concentración desde 1943 do réxime franquista e hoxe declaradas desde 1999 BIC. As festas, desta vila son as da Coca e do Choco.

A 5ª Etapa, de Redondela a Arcade, 7,1 km., o 25 de maio, condúcenos polo Paso da Ponte Sampaio.

Parroquia do concello de Soutomaior, por Arcade pasa a N-550 Vigo-Tui. Fronte a Arcade ollamos as Illas Alvedosas, e a desembocadura do rio Verdugo na Ría de Vigo. A súa “ponte medieval” cara a Ponte Sampaio (parroquia pontevedresa), é a vía portuguesa do Camiño de Santiago. En Ponte Sampaio, librouse a batalla contra os franceses os dias 7 e 8 de xuño de 1809. Arcade é coñecida polas súas “ostras”, conta co Albergue de Ponte Sampaio O Mesón, onde faremos noite.

Coa 6ª Etapa, de Arcade a Pontevedra, de 11,1 km., o 26 de maio, chegada a Pontevedra do Xacobeo Autismo e remate desta segunda fase do proxecto. Imprescindible un paseo polo Centro Histórico, visita ao Museo e recepción no concello da Boa Vila.

Pontevedra (“Pontem veteram” -Ponte vello), obtivo o Galardón mundial ONU-habitat, como cidade mais cómoda para vivir de Europa, en calidade urbana, mobilidade e accesibilidade. Premio excelencia urbana polo “Center for Active Design”, na cidade de Nova Iorque e cidade de Mobilidade Intelixente Euro- China 2015.

Próximos a Pontevedra están os Mosteiros de Lérez (onde viviu o padre Feijó) e Poio. O Gremio de Mareantes pontevedrés construiría a Santa Maria, unha das tres carabelas da viaxe a América de Cristobal Colón, do cal se asegura é oriúndo da Boa Vila.

En Pontevedra viviron Valle Inclán e Castelao. As súas prazas medievais, da Ferreiría, Teucro, Leña, Verdura, permiten aos visitantes un percorrido único e pracenteiro. As ruínas góticas de Santo Domingo, forman parte dun dos edificios do Complexo Museístico (seis edificios) coa Basílica de Santa María a Maior, San Francisco (gótico s. XIII), onde está abicado o panteón de Paio Gómez Chariño (poeta e almirante da Armada) e a Casa das Campas, sede do Vicerreitorado da UdeVigo.

*Director Xeral de Fundación Menela

Compartir el artículo

stats