Hoxe en día, cando un sae de casa e párase en calquera sitio (e non me refiro só a bares, cafeterías, restaurantes...), o máis normal é ver a toda a xente, desde mozas a adultos, co móbil na man e sen falarse entre eles. É triste ver como nos absorben o cerebro esas pequenas máquinas manipuladas polas grandes multinacionais, ademais de as redes sociais que, aínda que poden ter algún que outro pequeno beneficio para nós, os máis beneficiados son quen as manexa, xa que saben toda a nosa vida.

Cando vexo a persoas que un día si e outro tamén colgan fotos da súa vida privada, dáme a sensación de que viven illadas, en unha realidade virtual. Que triste. Pero o máis preocupante é ver a nenos de menos de 10 anos que, co consentimento dos seus pais, xa teñen móbil e pásanse a maior parte do día e da noite chateando ben sexa en Facebook, WhatsApp, Twitter ou calquera outra rede social. As consecuencias de todo isto saltan á vista: a maioría da nosa mocidade está noutro mundo e iso págano, non hai máis que ver a porcentaxe de estudantes que quedan por o camiño e abandonan. Cada día que pasa hai máis xente farta dos políticos en xeral. E aínda máis triste ver a corrupción existente en moitos partidos políticos (non só é o PP). As diferenzas entre a esquerda, uns por uns motivos e outros por outros, está a facer ao pobo moito dano. Cada día estamos moito máis indignados, e desta forma, un chega a pensar “para que vou ir a votar, se á fin e ao cabo a vida segue igual”.