Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Cipriano Luis Jiménez Casas

Xacobeoautismo, 2021 (II)

No día de hoxe empeza a 1ª Etapa do Camiño Portugués da Costa, que as persoas con TEA da Rede de Servizos de Fundación Menela levarán a cabo para rematar o día 27 de maio en Pontevedra.

Nesta 1ª Etapa, de 9,3 km., camiñaremos de Nigrán a Coruxo, visitando a parroquia de San Salvador de Coruxo, a Vila Romana de Toralla e pasaremos pola parroquia de San Xurxo de Saians, cos seus castros das Medoñas e o da Estea. As vivendas tradicionais teñen estruturas acoradas, con muíños e fontes como a de Fontán. Saians foi a primeira parroquia do concello de Vigo que contou cun parque forestal.

Na chegada a Coruxo visitaremos a igrexa de San Salvador (s. XII), antigo mosteiro beneditino desaparecido no s. XIV. Achados arqueolóxicos coma petróglifos no lugar de Fragoselo ou en Casteñeirón, e restos castrexos e romanos na Illa de Toralla. Desta parroquia nacen das súas carpintarías a embarcación tradicional da “gamela curuxeira”.

A 2ª Etapa será de Coruxo a Vigo, de 8,8 km., e terá lugar o día 13 de maio e camiñaremos todo ao longo da fermosa praia de Samil, visitando a vila de Bouzas, Monte do Castro, Museo do MARCO, Centro Histórico e recepción limitada a unha representación dos camiñantes no Concello de Vigo.

A 3ª Etapa, será de Vigo a Teis, 5,6 km., o día 18 de maio. Entramos na “cidade olívica”, cantada por Martín Codax (s. XII), tamén da cal falou Julio Verne en varias visitas (1878 e 1884), no seu libro “Vinte mil leguas de viaxe submarino”. Ademais é onde se publica “Cantares gallegos”, de Rosalía de Castro, na imprenta de Compañel, que marcou o Rexurdimento das letras galegas. Vigo faille festa a Reconquista (1809), levantamento popular contra a ocupación francesa dirixido por Bernardo González del Valle “Cachamuiña”, Juan Almeida e Pablo Morillo.

No s. XX, a industria pesqueira e conserveira, estaleiros, a cerámica de Álvarez e Citroën... entre outras moitas empresas fan de Vigo a primeira cidade industrial de Galicia, ca Zona Franca e o seu porto, un dos mais importantes de Europa. Arquitectos como: Antonio Palacios, Gómez Román, Jenaro de la Fuente, Michel Pacewicz ou Bar Boo... deixaron unha pegada importantísima arquitectónica na cidade.

O seu Centro Histórico, praias e museos, fan de Vigo unha urbe dinámica e acolledora, na que o Camiño Portugués da Costa, ten a súa presencia. O Albergue de peregrinos de O Berbés, xa rematado e pendente da súa apertura será un lugar idóneo de cara ao albergue de peregrinos.

Visita o Centro de Saúde de Teis, e colocación dos pictogramas de accesibilidade. Teis, é un dos barrios históricos de Vigo, situado nas abas do Monte da Guía e do Monte da Madroa, con restos paleolíticos, petróglifos, restos castrexos e romanos (prensa de aceite)... barrio de pescadores en Guixar, onde foron importantes os estaleiros de Vulcano e Ascón, sufriu os embates do pirata Drake no s. XVI. Visita ao Monte da Guía.

*Director Xeral de Fundación Menela

Compartir el artículo

stats