O cuco xa esta entre nòs , a rula canta a sementeira , a andoriña suca os ceos ,frorece o fiuncho na xunqueiras de Alba e nas beiras do Gafos florecen os lirios e amarelan as xestas, e tempo de Maios .Paseando pola rua Real de sùpeto atopome con unhas fotografias que nos fan còxegas no corazòn dos colexios participantes de outros anos na Festa dos Maios de Xose Carlos Morgade colocadas polo concello en portas e fiestras de dita rua .Noraboa pola iniciativa e por ainda que sexa de xeito virtual poder desfrutar de unha festa tradicional tan nosa que a min fanme lembrar tempos da nosa infancia de pan de figo e fame de cando o mundo era o noso barrio e nos participabamos dela.

Lembro da leiteira que carrexaba o leite para o barrio da Virxe do Camiño que viña de Tomeza e traianos na vespera da festa feixes de flores ventureiras pampullos calas e ovos .Lembro as miñas hirmans e rapazas do barrio apañando margaridas e despois xunto os ovos o fiuncho e laranxas enfiar nun cordel para facer a coroa do Maio .Lembro a todos os rillotes do barrio a rapiñar nas beiras do rio e veigas da contorna os paus e os vinbios para a estructura e na taberna do barrio O Enchufe os aros dos bocois para o armazon.

Lembro as nosas nais o dia da festa moi cedo refregandonos os seonllos con xabròn Lagarto cheos de roña de gatexar polas àrbores e andar polas veigas apañando fiuncho e flores nise dia tiñamos que por os traxes que estrearamos o Domingo de Ramos pois iamos a o centro a Praza da Ferreria donde estaban os señoritos da boa vila. Lembro o noso pai que traballaba no Concello e coñecia a Cuña Novas e nos lle davamos as coplas dos maios para ca nosla correxira e tamen algunha vez fumos a pedirlle o mesmo a Filgueira Valverde ao instituto Valle Inclan done daba clases de literatura.

Lembro o afogo encerrado nunha gaiola de fiuncho e flores co recendo da rosca do premio ali no medio do Maio agardando cos compañeiros batendo os paus deranme entrada para recitar as coplas rezando para non trabucarme. Lembro todos os rillotes do barrio sentados no peitoril da Ponte da Tablada ollando con tristura como o rio levaba o Maio que segun a tradicion tiñamos que pendurar , o que saia da natureza voltaba a natureza, ali ia tanto esforzo e traballo sen o premio da rosca que naquela epoca de fame era o que mais doia criticando a os menbros do xurado que segun noso parecer tiñanos xenreira e privaranos da saborosa rosca do premio.

A praza da Ferreria feita de pedra e camelia o dia da Festa dos Maios covertese nun campo de mapoulas de cores, de lirios e narcisos ,de flores ventureiras ,o ar enchese de poesia e recende a rosca .As coplas dos Maios na posguerra foron os poucos papeis impresos na nosa lingua na longa noite de pedra da nosa historia, foron a artesa donde se conservou o noso idioma. Mil primaveras mais para a Festa dos Maios de Pontevedra.