Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Xosé Luis Méndez Ferrín.

Odiado Azaña

Nas traseiras das casas da miña infancia ourensá había confusión de tellados de diferentes alturas e épocas. Estamos na rúa de Reza e por alí é o forno da señora Antonia. Soben rumores mesturados e fragmentos de cántiga. Unha voz aguda, de varón, cortou o ar cunha copla de letra enigmática. Téñoa dentro da cabeza: “Azaña, Azaña, / ónde raio vas ti? / Estou aquí en Valencia / porque escapín de Madrid”.

A letra soaba nun galego que non era nin o de Ourense nin o de Vilanova dos Infantes. Fora composta por un grupo de cantadores e músicos ambulante que soían actuar onda a Praza de Abastos da cidade. Preguntei na casa quen era aquel misterioso Azaña e respondéronme que se trataba dun político que xa morrera e que mellor era deixalo en paz. Pouco máis adiante, e nos catequesis, un xesuíta de verbo florido a quen chamaban Padre Serrano voltou aguilloar Azaña. Esta vez, tal crego meteu Azaña no Inferno pola enormidade dos seus pecados, especialmente polas persecucións decretadas por el contra a igrexa católica.

"Os franquistas alimentaron unha aversión irracional por Azaña equiparábel ao odio que hoxe sente a dereita española por Pablo Iglesias, salvadas sexan todas as distancias"

decoration

Pasaron anos coma area e funme, pouco e pouco, documentando sobre a figura histórica de Manuel Azaña. Vin que el fora o home de estado que máis foi atacado polo relato franquista que tiña aduviado o nacionalcatolicismo para consumo das novas xeracións. Alén de resentido, que rimaba frecuentemente con invertido, Azaña era un intelectual mediocre e incomparablemente inferior á brillantez de D’Ors, de José Antonio Primo de Rivera ou de Eugenio Montes.

Sen embargo, lin prosas de Azaña e quedei moito ben impresionado. A inimizade que o P. Serrano sentía polo político da República baseábase na compoñente laicista do pensamento deste. A insistencia de Azaña en ser amigo de Companys e en ter tratos con toda caste de separatistas, incluídos separatistas confesionais católicos vascos, acumulaba na caricatura fascista de Azaña riscos malignos. E por parte, a condición masónica do ilustre repúblico era de meter medo ao medo. Para Franco (lede Raza), a masonería era unha sociedade xudaizante que tiña coma fin a disolución da moral e a destrución do catolicismo e de España.

Finalmente, veleiquí que Azaña incorpora á súa axenda o proxecto de Frente Popular difundido por Dimitrov e concebido até os últimos detalles pola Internacional Comunista. Os franquistas alimentaron unha aversión irracional por Azaña de natureza equiparábel ao odio que hoxe sente a dereita española por Pablo Iglesias, salvadas sexan todas as distancias.

Compartir el artículo

stats