Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Reciclar a vivenda

« La maison doit être le cas dans la vie, machine à bonheur. »

Le Corbusier

A sustentabilidade, a reciclaxe, o aforro enerxético ou o asollamento, vencellados á preocupación polo coidado do medio ambiente, da natureza e á explotación dos recursos que se obteñen dela, son os alicerces nos que se deben asentar as futuras políticas de vivenda. E do mesmo xeito, que no exercicio da arquitectura os profesionais temos a obriga de ir mudando as claves, propoñendo novos modelos tipolóxicos ou construtivos, dando respostas de vangarda a este novo tempo, tamén o ámbito económico e político ten a obriga de mudar os graves erros cometidos no sector inmobiliario, e que o confinamento por mor da pandemia retratou con total crudeza.

Deben afrontar porén, este reto histórico dende a ruptura coas vellas prácticas, xa que temos unha importante parte do parque de vivendas cunha mínima calidade, tanto nas dimensións dos espazos, como na iluminación, ou na ventilación, daquela sempre insisto en que a única clave posible é a de RE. Para poder interpretar correctamente o tempo que nos tocou vivir e as respostas que se dean no debate de ideas para afrontar a recesión, a recuperación ou a resiliencia, precisan estar baseadas en conceptos como: rehabilitar, reformar, renovar ou reciclar.

Temos diante de nós unha oportunidade histórica sen precedentes, e o deber noso como sociedade, é reverter o mal feito e mellorar así a calidade de vida da xente e a súa economía. Porque como consecuencia de ese pasado imperfecto, unha gran parte importante da sociedade está atada por unha carga económica, por riba da media da Unión Europea, tanto para o pago da vivenda (en propiedade ou en aluguer) como para a factura da enerxía.

Daquela hai que ir rematando coa especulación inmobiliaria desenfreada dos pasados anos, temos a obriga histórica, de utilizar con rigor os fondos europeos porque se van adicar á rehabilitación de vivendas, 4.500 millóns de euros, é dicir, o 6,25% dos fondos Next Generation, ademais de outras liñas de apoio para a transición ecolóxica e dixital do sector inmobiliario o chamado: “Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia.

A través deste plan achegarán para a rehabilitación de edificios, vivendas e rexeneración urbana máis de 6.800 millóns, a segunda partida económica en contía dos fondos europeos .

En concreto, está previsto rehabilitar 500.000 viviendas entre 2021 y 2023, pero é importante subliñar aquí que o total do parque de vivendas no estado é de 25.7993.323, do que o 50% ten 40 anos ou máis, e dicir un parque inmobiliario ineficiente enerxeticamente e que repercute na factura que pagan os cidadáns. De aí que estas políticas teñen que manterse no futuro. Pero tamén hai urxentemente que incrementar o parque de vivenda pública en aluguer que so é do 1,1% (290.000 vivendas), unha cifra moi por debaixo das cifras doutros países da UE.

Precísase urxentemente tamén, descarbonizar o sector da construción e a súa reciclaxe, para poder acadar así os obxectivos previstos e comprometidos na redución de gases de efecto invernadoiro, hai que lembrar que o stock de vivenda na UE é moi pouco sostible, xa que emite case o 35% do CO2, e consume ó redor do 40% do total da enerxía. Temos que reconducir polo tanto e dun xeito máis equilibrado o sector da edificación, mediante procesos de pequena escala, e deter e reverter o crecemento urbano que careza de sentido. Reconstruír á habitabilidade, e non só á do espazo privativo, senón tamén o da sociedade sobre o territorio, e neses preceptos en clave de RE, e tamén urxente, ademáis de revitalizar e recuperar a vivenda dos núcleos urbanos, acometer a da vivenda rural, e a súa degradación ecolóxica e social, relocalizando a economía, e saneando e reconstruíndo os sistemas ambientais e territoriais devastados.

*Doutora Arquitecta. Integrante da Comisión de Vivenda do Consello de Arquitectos de Europa

Compartir el artículo

stats