Opinión | Tribuna libre
Xavier Gallego
A Cándida Lago
O cangués Xavier Gallego escribiu, o 24 de novembro de 2019, este poema tras atoparse coa rúa adicada en Moaña a Cándida Lago e profundizar na súa historia. Onte presentou o poema na Librería Moaña que formará parte dun poemario que está editando. Fai públicas estas verbas o propio 13 de abril, cabodano do asasinato da sindicalista no ano 1931.
Xavier Gallego xa lera esta peza nunha das homenaxes pola memoria histórica de Cangas adicada aos Mártires de Anguieiro, celebrada o pasado verán. O poema titúlase simplemente “A Cándida Lago” e o seu texto é o seguinte:
No esplendor
da túa fermosura.
No entusiasmo da túa xuventude.
Os asasinos da liberdade
quitáronche a vida.
Pero nunca poderán quitarte
do corazón dos teus.
Da memoria de Moaña,
dos campos,
da praia,
do mar, do mencer en Moaña.
Porque ti es
o primeiro raio de sol
que a alumea
O vento ceibe
que eu sentín
na túa rúa
cando souben de ti.
- Herida muy grave una mujer tras una colisión frontal contra un camión en la N-550 a su paso por Pontevedra
- Buscan a un hombre de 43 años tras agredir a su expareja y secuestrar a su bebé en Ponte Caldelas
- Reino Unido ya vende sus pulpos en Galicia: su sector pesquero factura ya casi el doble que el gallego por la persistencia de su «plaga»
- Una nutria «enorme» sorprende a los bañistas en las playas de Coruxo
- De Doja a A Estrada para abrir boca
- Las gasolineras de bajo coste, camino de absorber más de la mitad de la oferta en Vigo: proyectan otra apertura junto a la avenida de Madrid
- Muere un presunto narco en un operativo contra el tráfico de drogas en Arousa
- Samil abre este miércoles la gira de verano de Cadena Dial con once conciertos gratis