Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

“Podo aprender. Podo traballar”

DIA MUNDIAL DE CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO

Este 2 de abril 2021, la Fundación Menela tampouco pode celebrar o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo (DMCA) no Auditorio do Concello de Vigo, como consecuencia da situación COVID-19. Porén, o pasado día 30 de marzo presentamos online o libro “Donde el tiempo no funciona”, baixo as siglas de PANUC (Editorial Circulo Rojo, 2021), iniciais da familia de Paula Sánchez Muiña, alumna que foi do Colexio Menela, e que actualmente asiste o Centro de adultos Castro Navás – Fundación Menela. Un libro sorprendente que reflicte vivencias, emocións, diversións, dores...Unha fermosa novela, onde o tempo se vive dunha forma diferente. O coñecemento da singularidade autista, ás veces invisible, transformase en paixón polo saber do que temos diante de nós. Unha achega que nos axuda a comprender mellor o que significa compartir a vida cunha persoa autista.

O lema do DMCA proposto por Autismo Europa é continuación ao do 2020: “Podo aprender. Podo traballar”. Na Rede de Servizos de Fundación Menela sempre nos preguntamos se é posible educar a un autista, sen ir ao encontro e relanzamento do desexo. O educador, entra así na lingua do alumno, a lingua “que se di” en palabras, pero tamén en xestos e condutas. “Mais coma un mestre do desexo que coma un mestre do saber” (J. Lacan). Unha educación inclusiva e ao longo de toda a vida, si! Porén, adecuada a singularidade (capacidades e necesidades) da persoa con TEA.

O coñecemento da singularidade autista, ás veces invisible, transformase en paixón polo saber do que temos diante de nós

decoration

A escola debe fundamentalmente “ensinar a vivir”. Aprendemos “vivindo” antes que lendo ou estudando. Así o queren as persoas con autismo, facer o que poden, saben e lles gusta sen imposicións que non desexan nin entenden. Xa en 1992, J. Sinclair comentaba: “...Concédeme a dignidade de coñecerme nos meus propios termos: recoñece que somos igualmente estranos o un para o outro, ca miña maneira de ser non é meramente unha versión danada da túa... traballa comigo para construír máis pontes entre nosoutros”.

Pódese e débese traballar. O Centro de Día e Residencial Castro Navás, funciona como “un lugar de vida” (Maud Mannoni), onde os autistas adultos continúan aprendendo e traballando naquelas tarefas que lle son mais doadas. A única inclusión posible non é outra que a través do traballo. O traballo é unha Lei para todos, e as persoas con TEA non poden estar fóra dela. Facemos propostas tendo en conta as diferentes habilidades e capacidades destas persoas apoiándonos nas ferramentas que precisen: formación previa, traballo adaptado as súas capacidades, acompañamento e apoio. Aplicamos a frase de “pasar de facer con...a facer coa mirada de...hai que propoñer e non impoñer...hai que dar ...e deixar coller” (G. Soleilhet).

Estímase no momento presente que o número de casos de persoas con TEA é do 1%. En Europa 7 millóns de persoas son autistas. En España, mais de 450.000. En Galicia, 27.000, e na cidade de Vigo 3.000. Para todas elas acordes coas recomendacións de Autismo Europa “o acceso á educación e ó emprego non só son un dereito, senón tamén factores claves para a súa calidade de vida”.

*Director Xeral de Fundación Menela

Compartir el artículo

stats