Opinión | TRIBUNA LIBRE
Luís Couto Lorenzo
O parque eólico do Km 0 de Galicia
Na documentación figura como Val de Folgoso e Monte dos Porcallos, mais poderíase chamar perfectamente o Parque Eólico do Km 0, porque segundo o propio Estudo de Impacto Ambiental presentado pola empresa promotora, Green Capital, o parque encóntrase só a 2,6 km da Estatua dos Cabalos. Sendo tal a proximidade vai ser moi difícil que os mesmos habitantes da vila de Lalín fiquen libres dos seus efectos, por non falar dos centos de veciños que os padecerán de cheo por viviren nas parroquias dentro do propio parque eólico.
O proxecto do Parque Eólico Val de Folgoso e Monte dos Porcallos, atópase agora mesmo na fase de información pública do Estudo de Impacto Ambiental (EIA), despois da súa publicación no BOE o pasado 17 de abril, o prazo para presentar alegacións remata o 2 de maio segundo consta no Anuncio da Subdelegación do Goberno de Pontevedra, asinado o 9 de marzo. Os parques eólicos constan de 20 aeroxeradores de 5,6 MW de potencia unitaria, de 125 metros de altura e 165 de diámetro do rotor, distribuídos entre os concellos de Lalín, Rodeiro e Dozón. Como se pode supoñer o impacto visual, ambiental e social dun parque destas características pegado á capital lalinense vai ser descomunal. E máis vale decatarse agora do despropósito deste proxecto antes de que sexa tarde de máis, e o teñamos que aturar de por vida.
Estando agora na fase de información pública do EIA o que puidemos constatar varios dos veciños afectados é que o EIA que ampara o proxecto contén fallos monumentais, que xa de seu deberían dar lugar á súa invalidación. Por citar só algúns exemplos dos erros que puidemos detectar estarían os seguintes: no lugar do Santón (Goiás) onde está previsto o paso da liña de alta tensión de evacuación enriba das casas refiren que viven “cero persoas”, curiosa omisión, cando somos 16 as persoas alí censadas e chegamos a 25 persoas durante o ano; igualmente indican que non existen aves noitébregas na zona, cando so é preciso esperar á noite para escoitar os cantos destes paxaros, ou velos pasar por diante do coche; no tema patrimonial ignora moitos dos elementos, como é o Camiño de Inverno que para os autores do estudo nin existe cando é cruzado tres veces polo parque –vaia publicidade máis negativa para o turismo– igual que tamén ignora a existencia dos roteiros do Deza promovidos polo concello de Lalín; se cunha lectura superficial fomos quen de atopar estes erros e omisións tan evidentes, cantos máis non poderá conter o dito EIA. A súa credibilidade cae pola base.
Desde que soubemos do avance deste proxecto, a preocupación entre os veciños afectados non fixo máis que aumentar; nas senllas reunións mantidas cos veciños de Goiás e Maceira, o alcalde de Lalín declarou estar disposto a presentar alegacións, mais tendo en conta a gravidade e a urxencia da situación entendemos que só coa actuación conxunta de todas as forzas políticas e, sobre todo, a mobilización social dos lalinenses vai ser posible paralizar este proxecto que de forma tan negativa vai afectar de seguro á vida de todos os lalinenses.
*Veciño de Goiás.
Suscríbete para seguir leyendo
- Antía Pinal lleva a Vigo a la final de 'La Voz' y el alcalde pide el apoyo de la ciudad
- Apuntalan la casa de Papá Noel en Vigo por riesgo de derrumbe tras chocar un furgón
- Indemnización de 135.000 euros para una familia que perdió al bebé que esperaba durante el parto en el Cunqueiro
- Comunidades de propietarios de Vigo limitan la decoración navideña para controlar el consumo eléctrico
- El pesquero de los horrores: regresa a Vigo la herrumbre del «Santa Isabel»
- Ni con el Gordo de Navidad se puede comprar el piso más demandado de Vigo
- Jiu Jitsu, el deporte que transforma el miedo en acomodo físico y emocional
- Una «obstrucción» en el tubo de la caldera motivó la concentración letal de gas en un chalé de Vigo