Con tódolos meus respectos creo de tal e como están as cousas este ano non debería celebrarse nin- gunha, e dígoo non porque esté en contra da mesma senón polo ben de todos/as.

As manifestacións do 8 de Marzo do ano pasado celebráronse a pesar de que o coronavirus xa estaba a circular practicamente por todo o mundo, e especialmente por Europa; de feito despois de que se celebraron todo saíu á luz, pero primeiro foi a presión e a influencia dalgunhas persoas que para elas era fundamental que se celebrasen e de esta forma darlle forza a un partido que hoxe en día se non cambia de rumbo pode seguir en caída libre.

Agardo que polo ben de todos/as non se celebren este ano.

De esta forma, e coa axuda das vacinas, quizais nos dean un pouco de esperanza ante este virus que tanto dano fíxonos e aínda segue aí por desgraza.