Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

VICVS. Un lugar afastado, de Beto Luaces

Beto Luaces, é o autor da triloxía de novela negra VICVS (Edicións Bolanda): Un lugar do común (2017), Un lugar aquelado (2019), e Un lugar afastado (2020). Nesta última entrega están moi presentes a Serra do Suído e Vigo. Polos concellos de Avión, Beariz, Covelo, A Lama e Fornelos de Montes, a carón do Suído transcorren os ríos Verdugo, Oitaven, Avía, Alén e Tea, que configuran unha fermosa comarca na cal podemos visitar lugares marabillosos como a: Eira dos Hórreos, Coto da Puza, Carballeira da Xesta, Foxo do Lobo, Coto dos Ladróns e de Bidueiros, Fervenza e Ponte de Casariños, Petróglifos de Verducido ou o Foxo do lobo da Portela das Travesas.

Na derradeira novela, VICVS. Un lugar afastado, o autor desenvolve unha trama a raíz da descuberta dunha cabeza reducida, tal como fan os xíbaros, chantada diante da Casa Natal de Alfonso Graña, rei dos xíbaros, en Amiudal. Os crimes que acontecen atribúense ao colectivo O croio, pertencentes a asociación contra a especulación urbanística de Vigo. Manuel Peixoto é o detective que ten que resolver a trama, onde están presentes a corrupción urbanística e a estafa das preferentes. Na novela irrompe a historia dun personaxe mítico, ao tempo que real, e a duns macabros imitadores. Trátase de Ildefonso Graña Cortizo (Amiudal. Avión, 1878 - Datem del Marañón. Perú, 1934). Coñecido por Alfonso Graña o rei dos xíbaros, emigra ao Brasil a finais do s. XIX, e en 1910 trasládase a Iquitos (Perú), onde traballa como caucheiro e buscador de ouro. Trala crise do caucho (1922), penetra na selva amazónica acompañado dun veciño. A tribo (Shuar) de indios xíbaros asasina o seu amigo e del namorase a filla do xefe da tribo (Apu), salva así a súa vida e convertese en sucesor a morte do rei Apu. O libro de Maximino Fernández Sendín: Alfonso I de la Amazonia. Rey de los Jíbaros, exponse no Museo do Pazo da Cruz na Ermida (Covelo).

Xa como rei, Alfonso Graña frecuenta a cidade de Iquitos, acompañado dos indios e visita a Cesáreo Mosquera, outro emigrante galego que rexenta unha libraría. Gran coñecedor da vida e obra de Graña, tiña correspondencia cun capitán do exército español, o ferrolán Iglesias Brage, que estaba a preparar unha expedición a Amazonia. O asesoramento de Graña era fundamental. As empresas norteamericanas a Standard Oil of Ohio e mais a Standard California, na procura de petróleo, tiveron que pactar con Graña o seu paso pola selva. En 1932, a Latin American Expedition dirixida por Mr. Williers, e un avión da Fuerza Aérea del Perú, pérdense e esnáfranse en plena selva, tendo que ser auxiliados por Graña, o cal foi gratificado polo goberno peruano.

O grupo mexicano Sonido Gallo Negro, na súa produción Sendero Místico (o seu segundo álbum), presentan unha cumbia peruana inspirada na canción >. Unha receita de Pepe Vieira, no seu restaurante en Poio (Pontevedra), a base de cigala asada, cabeza reducida e caldeirada de leite de coco leva o nome do “Rei dos xíbaros”, como homenaxe a Alfonso Graña.

*Psiquiatra e Psicanalista. Membro da Asociación Cultural Pertenza

Compartir el artículo

stats