Suscríbete

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Día Internacional da Síndrome de ASPERGER

O ano 2006 foi declarado “Ano Internacional da Síndrome de Asperger”, coincidindo co centenario de Hans Asperger (1906-1980), psiquiatra e pediatra austríaco, que describe e publica a síndrome “psicopatía autista” en 1944, (case que simultaneamente ao traballo “autismo infantil precoz” de Leo Kanner, en 1943). Aos seus xoves pacientes investigados chamoulles “pequenos profesores” e persoas que ao longo da súa vida, algúns serían capaces de conseguir logros excepcionais e pensamentos orixinais.

A psiquiatra británica e nai dunha nena autista Lorna Wing (1928-2014), ía ser 13 anos antes da saída do DSM-IV (1994), quen populariza a obra de Asperger, e introduce o termo de Síndrome de Asperger. Tiveron que pasar cincuenta anos para que a Síndrome de Asperger fose recoñecida internacionalmente como entidade clínica propia, e incorporala por primeira vez no DSM-IV, 1994.

Actualmente a Síndrome de Asperger, forma parte dos Trastornos do Espectro do Autismo (TEA), acorde cos criterios diagnósticos do DSM-V, 2013, non exenta de fortes críticas por parte de profesionais e escolas en diferentes países. Un debate, que desde 2013, amosa argumentos de todo tipo sobre a nova clasificación dos TEA. Moitas persoas Asperger non se consideran enfermos, senón simplemente unha forma de ser que lle proporcionan vantaxes e desvantaxes.

Na síndrome de Asperger non hai atraso no desenvolvemento da linguaxe á diferenza do autismo infantil precoz de Kanner. Constituiría unha discapacidade social que leva implícita unha alteración no procesamento da información. As persoas Asperger poden non recoñecer ben o significado de certos signos ou matices da comunicación non verbal e ter obsesións como a astronomía, a construción de maquetas, medios de transporte (trens e avións) ou os ordenadores.

Jim Sinclair (1940...), persoa Asperger, abre en 1992, o debate sobre a inclusión social da seguinte forma: “...concédeme a dignidade de coñecerme nos meus propios termos: recoñece que somos igualmente estranos o un para o outro, que a miña maneira de ser non é meramente unha versión danada da túa. Cuestiona as túas suposicións. Define os teus termínoos. Traballa comigo para construír mais pontes entre nosoutros”.

Asperger, sempre dicía: “Precísase un pouquiño de autismo para o éxito, tanto na ciencia como na arte”. Michael Fitzgerald: “Moitas das características da Síndrome de Asperger favorecen a creatividade”. Christopher Gillberg e Oliver Sacks consideran que persoas como Isaac Newton ou Albert Einstein, moi probablemente tiñan características de persoas Asperger. O mesmo que Bill Gates recoñecese persoa Asperger, como tamén Steven Spielder ou Sheldon Cooper, o simpático personaxe da serie Big Ban Theory.

As mulleres Asperger, nos ilustran o que significa padecer esta síndrome a través das súas achegas. Temple Grandin (1947...,), investigadora e profesora en EE.UU, de alto nivel intelectual, comenta: “As miñas emocións son mais simples que as da maioría das outras persoas. Non sei o que é unha emoción complexa unha relación interpersoal. Só comprendo emocións sinxelas como, ira, medo, alegría e tristura”.

Outras mulleres Asperger, como C. M., falan de padecer un dobre estigma: Ser muller e Asperger. “... comprometidas coa igualdade de xénero a muller ten maiores dificultades para acceder ao emprego de calidade, aínda estando mellor formada academicamente. A igualdade no fogar é aínda un mito difícil de alcanzar; mais declarativo que baseado en feitos reais e de compromiso no seo da familia. A violencia de xénero golpéanos nos medios de comunicación un día si e outro tamén como unha lacra case imposible non xa de erradicar, senón de diminuír nas estatísticas. Por non falar do que sucede en países afastados da orbita occidental, onde as sociedades son maioritariamente machistas e as mulleres consideradas meros obxectos de tráfico humano e traballo escravo”.

*Director xeral de Fundación Menela

Compartir el artículo

stats