En Bolivia gañara as eleccións a esquerda multiétnica: quer decer no territorio no cal o Che Guevara se tornou inmortal. Venezuela acaba de se manifestar en favor dun sistema socialista bolivariano en marcha. Con todo o mar do Imperio dándolle de proa, o chavismo aturou. Había alternativas de dominio. Unha, que Venezuela fose invadida por marines coma os que no 98 desembarcaron en Cuba e Puerto Rico acirrados por Heart e axitadores imperialistas, cousa imposíbel agora dada a goldría fétida que deixou Trump no mundo. Outra, un golpe de estado en Venezuela ao modo Pinochet. Isto último tampouco non podería ser, debido a que o exército venezolano actual áchase intensamente civilizado e orgulloso da confianza que lle outorga o pobo. Os EEUU xogan permanentemente ao servicio duns intereses estratéxicos máis ca centenarios. Hoxe, para os EE UU, Venezuela existe porque Washington cobiza os seus inmensos recursos naturais. Todo vale e valerá para perpetuar o dominio dos EE UU sobre a que foi América española.
