Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Re(en)cantando as lecturas

Velaí que nesta data de dúas ducias de días deste mes de tanto recoller froitos neste ano de Don Ricardo Carvalho Calero, celebramos, a meluras polos corazóns o Día das Biblioteca, nas que vós lectoras e lectores podedes ( e deberíades) facer lugares de marabillas, xa que son casas de portas abertas e espazos de abrazar. Alí, na guía das bibliotecarias e bibliotecarios, poderemos aníñar amizades que non figuran nos desalentos e si nas esperanzas de cada día. Elas e eles ven como vós , na lectura dos libros e na dos seus outros soportes, da man tamén de escritoras e escritores, de ilustradoras e ilustradores, editoras e editores, libreiras e libreiros, buscades, a todo entusiasmo e con gusto, solucións ás vosas maiores expectativas e así realizacións como persoas de ben, si, na sensibilidade amical da convivencia na nosa Lingua e na Cultura, que elas valen moito como chaves determinadas para abrir tanto de tanto nos diálogos creativos cos outros pobos na universalidade. Que bonito saber onde poñer os pés para buscar nos soños. Que doce sentir onde poñer os ollos para ler exercendo os pensamentos.Que impresionante saber onde poñer as mans nos libros, guiadas polos corazóns dos desexos. Que xigantes e que raiantes serán todos os días nas nosas Bibliotecas disfrutando das nosas Plataformas de Lectura. Nelas tamén, tal grupos creativos con tantas experiencias de engados, debemos sinalar o que nos falte, o que precisamos, e así xunto coas bibliotecarias e cos bibliotecarios vaiamos por el, pois xuntas e xuntos, nos afectos e (re)encantando as lecturas,,cada vez soñaremos máis. Seremos máis.

*Escritor e mestre xubilado da Estrada.

Compartir el artículo

stats