Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

ao pé do farelo

Ilustres descoñecidos

Nestes días estamos a ver nos xornais artigos e máis artigos acompañadas profusamente de fotos e máis fotos dos nosos representantes políticos: conselleiros, alcaldes, directores xerais e un longo e interminable etc.

Non vou ser eu o que diga nada en contra deles, líbreme Deus de tal sacrilexio, pero non me digan que non semella que o traballo máis sucio, o máis duro, o máis delicado e importante cando do patrimonio e da súa recuperación e posta en valor, falamos o fan eles, precisamente eles, que o único que fan e ir e sacarse a foto, e a outra cousa mariposa.

Hoxe vou falar desta lexión de invisibles e caladiños, que coma formiguiñas pululan incesantemente polas congostras e corredoiras do noso país, mirando aquí e alá, fotografando, pisando bostas e poñendo e quitando pedras, cando non denunciando ante autoridades, xordas, cegas e mudas, que unicamente prestan atención cando aprecian ou intúen que poden sacar do tema algún tipo de rédito político ou económico.

Canto do noso patrimonio cultural, etnolóxico, arquitectónico ou arqueolóxico non houbera resultado estragado para sempre sen o traballo xeneroso, desinteresado e calado destes "Ilustres descoñecidos", que tan só polo amor á cultura, a curiosidade de saber e coñecer do noso pasado e o sentimento colectivo de que temos a ineludible obriga de deixar para as futuras xeracións, esa herdanza cultural intacta ou no mellor estado posible.

Coñezo xente que entrou pola noite ás agachadas a poñer a salvo de chuvia libros e tallas de igrexas derruídas, expoñéndose a denuncia por entrar en propiedade privada, mesmo acusándolles de querer roubar, nada máis afastado da realidade.

Coñezo xente que marca, limpa e informa en paxinas especializadas, da existencia de restos arqueolóxicos, mámoas e petróglifos, xa non digamos nos propiosxConcellos, predicar no deserto, si. Quen falou por primeira vez da lista vermella do noso patrimonio.?

Coñezo e teño amigos que patean centos de quilómetros ao cabo do ano, fotografando e buscando información para publicar deste ou aquel monumento, igrexa en ruína, muiño vello, o pouco que queda deste ou aquel pazo ou castelo, sen esperar nada a cambio nin tan sequera unha foto nun xornal porque foron os que denunciaron o seu abandono.

Coñezo e coñezo, e coñezo, a lista resulta interminable de persoas e amigos que denuncian roubos, saqueos ou espolios do que é de todos, o noso patrimonio de incalculable valor.

E quero recordar agora dende aquí e para rematar que o recinto feiral dos Pendellos de Agolada, non se salvou pola acción e interese do Concello, nin sequera da Deputación ou da Xunta, non. Foron un grupo de Ilustres descoñecidos os que levantaron a voz e puxeron Os Pendellos no mapa, que ninguén se poña medallas de folla de lata.

Compartir el artículo

stats