Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Na latitude do deza

Unha Santísima Trinidade moi rara

Desde logo, esta é unha trinidade moi rara que non ten nada que ver coa Santísima Trinidade do Cristianismo (Pai, Fillo e Espíritu Santo), senón que é, máis ben, unha tríada fatídica.

O que teñen en común estes tres feitos ou sucesos é o seguinte: os tres teñen lugar no concello de Lalín. Non se produciron simultaneamente pero, neste momento, coinciden os tres a un tempo. Tiveron causas e orixes moi distintos, pero as consecuencias son nos tres casos moi negativas. En dous casos o noso concello non é culpable, mentres que, no outro, é responsable directo. Nun dos casos o Concello de Lalín xa recurriu vía xudicial e nos outros dous terá que seguir o mesmo camiño se é consecuente cos seus actos. En concurrencia xudicial suponse que, nos tres casos, terá razón o noso concello, porque as probas inducen claramente a iso. Un dos problemas empezou no ano 2007, outro no 2018 e o último seguramente uns meses antes do confinamento. Nos tres casos o gran dano causado repercute na nosa cultura e no noso patrimonio, os bens máis valiosos e díficiles de acadar por unha sociedade.

A todo isto aínda se poderían engadir máis coincidencias e semellanzas, pero xa son de abondo ao concorrer as tres a un mesmo tempo.O camiño emprendido para recuperar o material desaparecido do Patrimonio de don Ramón María Aller Ulloa, exposto no museo do mesmo nome, debe servir de referencia para os outros dous casos. Tamén recuperar os mapas do Legado de Hilgen que o Concello de Vila de Cruces non é capaz de devolver, nin de dar unha resposta mínima, elemental. A necesidade de que se presenten as correspondentes Memorias das escavacións realizadas no Castriño de Bendoiro, hai trece anos, e que se devolva todo o material arqueolóxico debidamente referenciado.

Non é admisible que se actúe tan só nun caso dos tres de referencia, porque entonces si que estariamos metidos nunha herexía plena, pola diferente forma discriminatoria de tratar unhas cousas con diferencia das outras, cando forman unha unidade comparable á famosa triloxía divina proposta no Concilio de Nicea, no ano 325, e comentada ao principio deste texto.

Compartir el artículo

stats