Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

ao pé do farelo

Trangalladas

Hai uns días lin no FARO declaracións grandilocuentes, coma case sempre, porque usualmente falan, e falan, e falan e saben de todo coma doutores de cátedra, porque para elo son Vox, non sei se o dicionario Vox, ou vox populi, ou a vox da conciencia adormecida, total tanto ten, digo que lei patidufuso as manifestacións dun voceiro do novo partido, definindo nada menos ca o señor Feijóo, coma un, agárrense os machos que chegan curvas; un nacionalista galego, que está a rematar co Castelán de Castela a nova, e máis a vella, isto o digo Eu, non eles, coa súa política anti Española. Manda Carallo! Rematei de ler aquel despropósito, dobrei oportunamente o xornal, collín o meu café con churros, e pensei para min; Trangalladas!

Porque non hai mellor palabra no noso dicionario da lingua, que está para definir semellante estupidez ao cubo, tal disparate, inmenso desatino interesado, e dende logo mentira de mentireiro, xogo de trileros, que buscan meter mentira para sacar verdade. O señor oresidente do PP en Galicia, o señor presidente da Xunta, dende non sei cando, pode ser o que sexa, menos un nacionalista galego, entre outras cousas porque xa demostrou sobradamente que está e permanece sempre baixo as ordenes do seu secretario xeral, en Madrid, aínda que o que lle mandan moitas veces, vaia contra os intereses dos galegos, os que en teoría tería que ter posto, sempre por diante, e ante todo.

Dicir que o noso presidente é un nacionalista ao nivel do Torra, en Cataluña, ou o Urkullu no País Vasco, é sinxelamente desbarrar, patinar costa abaixo sen freos nin marcha atrás, que non merece consideración, nin debate, moito menos argumentar a prol ou en contra, porque o que temos claro é que o señor Feijóo, para nada, no mundo mundial, representa os principios nacionais do noso pequeno grande país, e dende que saíu da súa aldea nos Peares, esqueceu completamente, ou sufriu un estraño síndrome de desmemoria co fixo mudar 360 graos sobre se mesmo, para facer, pensar e dicir as cousas que hoxe en día lle temos escoitado sobre a Galicia, que en teoría representa e defende como primeira autoridade e máximo valedor da súa cultura, lingua, patrimonio, pobos e xente.

A dereita historicamente xamais defendeu nin representou os valores autóctonos, porque non cre neles e a súa razón é de supra nacionalidades, para eles nin sentimentos de terra, de clase, de étnia, de pobo, nin de lingua teñen razón de ser, salvo nun museo para admiración dos visitantes. Porque o único que conta é; amiguiños si, pero a vaquiña polo que vale.

Compartir el artículo

stats