Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Angustia e Covid-19

Temos medo cando nos anuncian unha forte borrasca, con refagas de vento acompañada de actividade eléctrica (tronos), precipitacións intensas que alertan o amarre dos barcos, péchanse as escolas e anúnciannos que non se pode saír da casa. O mesmo pasa cunha nevada copiosa. Son fenómenos atmosféricos ben coñecidos desde a nosa infancia os que temos medo porque se trata dunha situación previsible. Incluso os rumores e fantasmas, actúan como medos, desde o punto de vista psicolóxico. Porén, a angustia e fundamentalmente existencial e dispón de nós e das cousas tiranicamente e con arbitrariedade. O COVID-19 actúa como os gobernantes déspotas ou absolutistas que exercen o poder dunha forma implacable. Os medos non teñen nada que ver coas fobias, síntomas o terror sobre un obxecto, suxeito ou situación que os psicanalistas tratamos clinicamente.

Pero aínda mais, os seres humanos non estamos fora da angustia porque é universal e filosoficamente ontolóxica. Reaccionamos con angustia cada vez que nos atopamos cunha situación traumática, e dicir, sometidos a excitacións, de orixe externo ou interno, que somos incapaces de dominar. A angustia automática de deixar de ser amado ou a angustia de perdida ou culpa é analizada por S. Freud, a angustia de separación do corpo da nai por O. Rank e o principio fundamental do subxectivismo humano, a angustia por deixar de sentir angustia por J. Lacan. Na teoría psicanalítica a angustia existencial esta moi presente desde o nacemento a morte, pasando pola actividade sexual e amorosa.

Literatura e filosofía que pensan da angustia? Liberado de toda angustia o ser humano sofre mais por non sentila que por mobilizala nunha experiencia creadora. "Esfórzome", dicía Georges Bataille, "por converter a miña angustia en deleite". Para Soren Kierkegaad a angustia é a vertixe do posible, e so se sinte cando nos vemos obrigados a tomar unha decisión que nos leva e remove o conxunto da nosa existencia, fainos percibir a nada, a tumba, o pasaxe da vida, a morte. Jean-Paul Sartre, sabia que o medo que nos inspira o que podemos facer demostra o poder que nos confire a liberdade; de aí nace a angustia. A súa influencia despótica reflíctese na descrición que dela nos fai Baulelaire: "Longos coches fúnebres sen tambores nin música / Desfilan lentamente pola miña alma; A Esperanza / vencida chora e a Angustia atroz, despótica / No meu cranio inclinado planta a súa bandeira negra".

Entre os moitos consellos para xestionar a angustia fronte o COVID-19, escollín as sete recomendacións do Colexio Oficial de Psicólogos de Cataluña, pola súa claridade e sinxeleza. Primeira, estar ben informado con información certa e contrastada evitando a sobre información. Segunda, informar os demais evitando rumores e falsidades. Terceira, organizarse e facer vida normal na medida do posible. Cuarta, estar conectado coas persoas importantes para ti. Quinta, cóidate e protéxete, acorde cas medidas das autoridades sanitarias. Sexta, reláxate e distráete, recoñece os teus sentimentos e acéptaos e Sétima, búscalle a parte positiva para valorar a empatía e solidariedade da xente.

Estamos perdendo o presente. Porén, gañaremos o futuro!!

*Psicanalista

Compartir el artículo

stats