Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

tRIBUNA LIBRE

Hoxe na batalla penso en ti

Estimada compañeira:

Permitídeme, en estos momentos tan duros, camiñar o teu rente, seguir as tuas verdes calzas, sentir a tua anguria, o teu medo, o teu cansanzo e a tua desesperacion. Permitídeme insuflarche ese alento de esperanza tan escaso neste momentos, permitídeme adentrarme nos teus sentimentos, emocións e inquietudes. Permítedeme afogarme no teu esforzo, sacrificio, entrega, dedicación e cariño en pos dos demais. Camiño o teu lado, aínda que non me sintas, percorro o teu galope os interminables pasillos dese servizo de urxencias, ateigados de camillas, carros con material, paus de soro, laios, medo e desesperación. Unha bata verde, unha mascarilla, unhas gafas de protección, un gorro, unhas luvas e unhas calzas, compoñen a indumentaria que che permite enfrontarte dia a dia a ese campo de batalla, a esa paisaxe desoladora. Un equipo de proteccion onde das acubillo os teu choros máis intimos, as túas penas non compartidas, os teus medos que non amosas, a tua impotencia silenciosa. Sin embargo ese equipo de protección non é quen de agochar ese sorriso que amosas detras desa mascarilla ante situacións como esta.

E chegarás a casa co desexo de abrazar os teus pero reprimirás ese desexo polo seu ben, porque este maldito bicho non entende de emocións ni do cariño dunha nai. Canto, necesitamos esa abrazo, ese simple bico, ese inocente sorriso dun neno. Canto. E os nenos che preguntarán " mami por qué non me dás un bico" e ti esgotada lles explicarás, prometéndolle que máis pronto que tarde bicaras os seus pescozos e te fundirás nun achuchón. E chegará a noite, o descanso da guerreira, e apoiada na túa almofada chorarásas miserias e as impotencias do dia. E o dia seguinte volta a batalla.

Mentres che escribo, estou a escoitar os aplausos que a ciudadanía vos tributa como homenaxe a vosa labor, o voso esforzo por coidalos. Un pais enteiro que recoñece o traballo desde o médico, a enfermaría, auxiliares de clinica, celadores, PSX, persoal de limpeza. Un xesto que emociona e vos fai cada dia máis grandes.

E todo isto pasará, e contemplaremos o campo de batalla cheo de cascallos de dúbidas, de incompresión, de malas decisións e de moita tristeza. E vos coa cabeza moi alta, camiñaredes satisfeitas, orgullosas do voso deber cumplido tributando unha victoria máis os compañeiros caídos. Noraboa compañeir@s e moitas grazas. ANIMO!!!!

(*) Enfermeiro

Compartir el artículo

stats