Suscríbete

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Xosé Luis Méndez Ferrín.

OS Camiños da Vida

Xosé Luis Méndez Ferrín

Festa e Peste

Como lembrarán, o Decamerón é un conxunto formado por cen contos longos situados en dez xornadas durante as cales sete mulleres e tres varóns pasan a peste de Florencia de 1348 retirados no campo para intentar porse a salvo da mortandade. Se nós diciamos peste imaxinabamos os terrores do pasado, se tal simbolizadas polas máscaras estarrecentes de pelícano que usaban os físicos e os enfermeiros nas vellas pinturas. Os burgueses e burguesas que no Poema del Cid lle aplaudían ledos ao heroi desde os altos corredores, xa se converteran en Florencia en clase cultísima e preparada para a dúbida e negación universal que viría despois co tudense Francisco Sánchez "O Escéptico".

O principal mérito do autor do Decamerón, Giovanni Bocaccio, foi o de tirar das sombras os signos do seu tempo, que eran os da arela do gozo terreal e a invención dos deuses paganos. As ledas comadres e os divertidos narradores do Decamerón esconxuran o medo a peste contandos contos de foder e de enganar e de vivir: con mestría lingüística que revela tanto o coñecemento do nobre latín coma o ton preciso de farsa e do conto medieval ledo e procaz do que, xa en Renacemento sería mestre François Rabelais. Os confinados de Florencia na campaña por medo á peste pasan o tempo de isolamento contando historias que eles non queren trascendentes. Non queren consolarse, os personaxes de Bocaccio, pola relixión nin pola reflexión materialista da filosofía moral estoica ou epicúrea. As donas e os xoves cabaleiros do Decamerón contan, en lingua nova e ricaz, a Italia e o mundo libre de dogmas que se abre camiño. E os seus relatos, de raíces paneuropeas populares, e tamén indúes, pasando por Persia e difundidas en árabe, non necesitan da alucinación de cabalo ningún da Apocalipse nin de xenete ningún chamado Morte para entender o mundo. Como cantaban os goliardos e "cregos vagantes" en latín, así cantamos nós na Universidade de Compostela: "Gaudeamus, igitur". Gocemos, pois. Entre as tarefas gozosas que nos vai prescribindo o coronavirus hai unha que me fixo acordante do Decamerón.

Estes días, estamos confinados nas nosas casa e nos nosos quinteiros. Consideraría privilexiado o grupo de xoves de ambos sexos que puidera estes días retirarse a unha calquera e tópica soedade amena para pasar as xornadas do confinamento sanitario inventando e contándose contos. Seguro que Bocaccio tampouco tivo tal sorte. Pero os mozos e mozas, hoxe, mándanse fotos e detalles divertidos polas redes, e obrígannos a rir e a saír á fiestra a aplaudir á sanidade pública e a censurar con estrépito os mausfeitos do Borbón. E agora comezo a ouvir o chascarraschás dos testos sobre potas e tarteiras nas fiestras dos veciños. E nas nosas.

Para continuar leyendo, suscríbete al acceso de contenidos web

¿Ya eres suscriptor? Inicia sesión aquí

Y para los que quieren más, nuestras otras opciones de suscripción

Compartir el artículo

stats