Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

In memoriam

Presidente...!!!

Eran badaladas de tristura as que no día de onte nos anunciaban o pasamento dunha das figuras máis relevantes da historia do deporte en particular, e do movemento veciñal en xeral: Francisco Javier Guimeráns Piñeiro, home de ben, un dos bos e xenerosos, partía cara ao alen deixándonos para a posteridade todo un exemplo de amor e entrega a unha causa na que puxo todo o seu empeño de xenial emprendedor e extraordinario xestor da cousa pública. Durante trinta anos ((1981-2011), ocupou, con indubidábel éxito, a presidencia do Fútbol Club Cruceiro, equipo que estivo militando varias temporadas na Rexional Preferente, e que incluso logrou un ascenso a 3ª Nacional naquela final de grato recordo disputada no estadio San Lázaro, diante do Compostela (temporada 2005-2006), e que supuxo unha das alegrías máis grandes do sempre ben recordado presi.

No ano 1972, alguén pretende a privatización da praia de Vilariño, opóñense os veciños e Javier resulta represaliado (eran tempos de ditadura, e as mobilizacións, inda que pacíficas, non estaban ben vistas polo réxime). No 1980 comeza un longo litixio pola propiedade da Casa da Sociedade de Socorros Mútuos A Unión (hoxe consultorio médico da parroquia). Alí tamén estaba o noso egrexio, con outros veciños (Juan Hermelo e Saúl Barreiro), aos que a Xustiza, despois de pasar polo Tribunal Supremo, deu a razón, declarando como ben parroquial a casa e predio en cuestión. En 1992 merca á Igrexa Católica (4.010.400 ptas.) os terreos nos que viña xogando o equipo, que pasarán a ser propiedade do F.C. Cruceiro, e que, unha vez acondicionados (novembro de 2006), pasan a ser denominados Campo Javier Guimeráns, en atención ao histórico presidente que se encargaría de buscar a financiación precisa para levar a cabo a operación descrita.

A súa dilatada e meritoria traxectoria ten sido recoñecida por varios estamentos, xogadores e outros, que profesaron a este encomiable directivo o cariño e estima da que se fixo acreedor. Resultou distinguido en varias ocasións na Gala do Deporte de Cangas; Deputación Provincial, Concello de Cangas, Faro de Vigo, Federación Galega de Fútbol, A.C.G.F, C.D. Beluso, C.D. Portonovo? No ano 2006, promovido pola A.C. Coral Queixumes do Hío, e dentro da programación da Seman Cultural de San Andrés, foille tributada unha homenaxe popular como premio a unha función honorable dun home singular.

Hioense distinguido,

que traballou con denodo

na promoción do deporte

e o benestar do seu pobo.

Descanse en paz.

*Veciño do Hío e socio do F.C. Cruceiro

Compartir el artículo

stats