Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

tRIBUNA LIBRE

Terceira entidade poboacional

Lendo a segunda páxina do xornal Faro de Vigo (Morrazo), do día 14 do presente mes de febreiro, chégase á conclusión que a antiga parroquia de Moaña, segundo o actual "nomenclator", está dividida en tres entidades de poboación: San Martiño, O Carme e San Martiño-O Carme; esta última formada polos barrios de Quintela e Sabaceda.

Segundo investigacións efectuadas nos arquivos do Concello, en ningún pleno municipal se recolle a división eclesiástica efectuada en outubro do ano 1964; por elo, Moaña continúa sendo oficialmente unha entidade de poboación única formada, a partir de dito ano, por dúas parroquias eclesiásticas: a matriz de San Martiño e a segregada de O Carme.

O motivo de crear, artificialmente, a antedita terceira entidade poboacional, procede dos datos falsificados que contén o decreto de división parroquial proposto polo daquela párroco de San Martiño e, asinado por Quiroga Palacios, cardeal de Santiago. A falsificación consistiu en adxudicarlle nove barrios completos á parroquia matriz e oito á segregada cando, na realidade, os de Quintela, Sabaceda, A Marrúa, Broullón e Paradela están situados nas beiras da estrada O Con-Marín que era a extrema que lle conviña ao finado párroco para conseguir, de xeito fraudulento, deixar a parroquia de San Martiño co 30% da poboación e a do Carme, a onde foi trasladado como párroco, co 70% cando as normas do arcebispado ditaban que o reparto tiña que ser equitativo.

Aínda que nos iniciais libros parroquiais da igrexa do Carme, púñanse nomes diferentes aos barrios que pertencendo a nova parroquia do Carme, levaban o nome da matriz, os organismos oficiais optaron por crear a ficticia entidade de San Martiño-O Carme para resolver este problema que tantos prexuízos está causando, especialmente no Catastro.

(*) Investigador de Moaña

Compartir el artículo

stats