Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

O adianto de Feijóo

Un adianto electoral sempre debe facerse por sorpresa, como é o caso, pero sempre supón un risco.

Feijóo non é a primeira vez que o fai e sempre lle saiu ben. As razóns que pode ter en mente son varias, pero poderiamos destacar algunhas. A primeira é pillar a contrapé aos demáis partidos, moi especialmente aos que lle poden roubar votos no seu espectro. Podería buscar non dar tempo a Ciudadanos e Vox para que armen estructuras electorais ou den a coñecer a seus candidatos, se é que os teñen. Tamén para librarse da potencial ameaza dunha coalición forzada con Ciudadanos, que se evita ao celebrar as eleccións antes de que estos escollan unha nova dirección no seu congreso, pois a actual xestora non pode negociar un acordo destas características sen risco de ruptura (ou ao mellor é isto precisamente o que el quere).

De calquera forma estes non poderán aproveitar o impulso do novo liderado, e de saírlle ben pode de paso darlle un golpe letal a nova dirección. Ademáis de debilitar aos seus rivais da dereita tamén colle a contrapé aos seus rivais da esquerda. No ámbito do rupturismo, xa bastante dividido, non teñen aínda un candidato nen tempo para dalo a coñecer, e probablemente leve a máis disputas entre eles sobre a forma de organizarse. Tempo non teñen muito.

No que se refire ao PSdG se ben ten maquinaria e líder nomeado este non é aínda ben coñecido pola cidadanía e aparece de momento como moi supeditado á actual dirección socialista, o que resulta unha incógnita pois non se sabe a día de hoxe se suma ou resta. O gran beneficiado deste adianto é pola contra o BNG, que xa leva tempo activando a súa maquinaria electoral.

Co adianto Feijóo desactiva as estratexias opositoras de desgaste, moi especialmente as que se refiren ao mundo sanitario e conta co reforzo do maltrato que o Goberno español dá as reivindacións galegas no ámbito fiscal. O único risco que corre é o de que a recuperación do PPdG con respecto aos últimos resultados non sexa aínda total e lle falten os votos necesarios para a maioría. O Goberno de Sánchez está aínda de lúa de mel co eleitorado e non se pode saber como respostará. Pronto saberemos.

*Profesor de Ciencias Políticas da Universidade de Santiago

Compartir el artículo

stats