Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

Xosé Luis Méndez Ferrín.

Os Camiños da Vida

Xosé Luis Méndez Ferrín

Clima e catástrofe

Certa noite de 1945 un caos de vento, lóstregos, chuva, espantou a cidade de Ourense. Os vellos dicían que nunca tal viran: en materia de clima non é prudente confiar na acordanza dos vellos.

O río dos Muíños rebordou e fixo desmadrar a Barbaña. Unha Barbaña louca levou casiñas de probes, e tamén algún chalet e algunha fábrica comprida. Morreron persoas e animais. Víronse parrulos refuxiados nas toxeiras do Salto do Can.

A terríbel avenida destruíu para sempre a Ponte Palamios, que estivera en uso desde o século XIV. A aniquilación desta ponte avísanos de que algúns fenómenos naturais poden sucederse con intervalos de milleiros de anos. Os enxeñeiros especializados en obras hidráulicas sábeno e prevén as catástrofes nos seus cálculos. O enxeñeiro da Ponte Palamios non soubo que seiscentos anos máis tarde, a súa obra sería eliminada por un río dos Muíños e unha Barbaña alporizados.

Despois do desastre fluvial de Ourense caíron bombas atómicas sobre dúas cidades xaponesas: crime de guerra ou non, segundo que a ética de quen fale sexa máis ou menos cínica. Viñeron, daquela, veráns horrorosamente quentes. Os vellos dicían que nunca tal se vira e que, antes, as estacións comportábanse conforme era debido. Franco atribuíalle á falta de chuva, á calor e á "pertinaz sequía" as carencias daquel infeliz período feixista.

Nos veráns posteriores a 1945 a terra estaba seca. Os ríos e regueiros, os que corren cara a Ourense, non levaban auga "nin para lle lavar os collóns a un cágado" -como dicía o Tío Pizocas en Vilanova para diversión da rapazallada. Corrían os camiños da realidade cans doentes perseguidos pola Garda Civil. Polos carreiros imaxinarios foron vistos signos apocalípticos. Prevíase chuva de rans e a pantasma da pestilencia sobrevoaba a linterna da catedral. Radios, xornais e tertulias de taberna e eirado marmuriaban en conforme a bomba atómica fixera mudar o clima.

O tópico dos tempos felices nos que os invernos eran invernos e os veráns eran veráns elevábase á categoría de dogma en Ourense. Nun conto excelente asinado por Mariano Jesús Tudela en 1948, lemos hoxe este diálogo:

"-Esto del clima cambia. Los inviernos no son inviernos. En mis tiempos no era así.

-Ya carga tanto sol.

-Época de epidemias."

Iso que Mariano Tudela non pasaba os veráns na cidade de Ourense senón na costa ártraba!

Compartir el artículo

stats