16 de enero de 2020
16.01.2020
obituario

Adeus a Alejandro Durán

16.01.2020 | 02:42
Adeus a Alejandro Durán

Quero facerlle chegar á familia Durán Martínez o meu máis profundo pesar e o de toda a Corporación polo recente falecemento de D. Alejandro Durán; membro distinguido da sociedade estradense e que tanto significou no eido empresarial a través da firma Martínez Otero, un grupo empresarial tan importante para o benestar e progreso da nosa vila.

Máis alá do seu inxente legado empresarial, nestes duros momentos, cómpre facer unha sentida lembranza da súa bonhomía e xenerosidade, postas sempre a disposición de cantos tivemos a honra de coñecelo e tratalo.

O meu máis sentido pésame, pois, á familia, amigos e empregados. Hoxe, máis que nunca debemos renderlle homenaxe a quen fixo da súa empresa un referente mundial do comercio e, da súa vida, un exemplo de grandeza, constancia e compromiso.

Descanse en paz.

Alcalde da Estrada

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook