26 de noviembre de 2019
26.11.2019

Don Olimpio

26.11.2019 | 02:13

Fanse catro anos do falecemento do mestre Don Olimpio Arca (e que marabilloso é dicilo así, mestre, que iso é sermos plenamente modernos). Na súa tarefa de todos os días, educador do rural e no rural, militou na vida. Quixo a nosa (súa) lingua e así a quen a tiñan de por súa e a usaban.Coa palabra el moi ben pintaba o (noso) mundo. Sempre confiou na capacidade de falar e moi especialmente co seu alumnado, a quen en cada momento e tempo lle activaba un reloxo de andar que os poñía nas horas de comprensión e asemade nas de expresar o que levaban dentro e o que collían e apañaban do seus pobo e da nosa Cultura e Ciencia. Colocábaos (a estímulo) no saír á conquista e na axuda como persoas na travesía buscaban ciencia , logo avaliaban á chegada o Rianxo que traían dentro súa.Velaí as aprendizaxes que xorden e derivan das experiencias vitais do e no entorno para irmos á universalidade.Tiñan ideas.Todas e todos sabían (de sabor e gusto) da riqueza das esperanzas.O amor polo saber nunha educación que se volve desexable.Que fermoso foi para el ensinar a pensar, pois iso non é doado, mesmo por veces asusta, porque implica cuestionar ata o que un mesmo é, vendo as desigualdades. E si que as vían.Por iso Don Olimpio quería que desde a escola pública se puidese avanzar nun sistema adaptado ao medio no que se desenvolvía, o rural, e que se traballase para que a aplicación dese sistema fose inclusivo, equitativo e non segredador.

Dentro das moitas tarefas e propostas, mesmo ata consideradas transversais, o teatro foi unha delas moi importante. Don Olimpio constituiu un dos precursores do teatro escolar galego. Teatro como expresión global de quen somos e como somos. Sempre na Lingua (a Galega) e sempre no contexto noso cultural galego.As súas aportacións son exemplares e así debemos consideralas como referentes de creatividade e de posibilidades pedagóxicas para desenvolver na nosa contemporaneidade.Polo mundo da marabillosa expresividade.

Don Olimpio buscou sempre que se exercese o pensamento crítico.Mediou a que as ideas intentasen explicar e transformar a realidade. El marcaba aquel dicir "? ese gusto agridoce que levamos a sabor de nenez, que te fai pensar quen es e porque así, serao sempre?".

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook