Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

OPINIÓN

Clarifícase o escenario da política española e galega

Os resultados destas eleccións clarifican e muito a situación. Se antes o PSOE podía pactar con Ciudadanos ou coa esquerda e os nacionalistas agora so pode pactar a súa esquerda e se se absteñen os poucos diputados de Ciudadanos (bastaría con facilitarlle ter grupo propio pois agora non o ten) nen farían falta os independentistas. Pero ainda despexadas as posibilidades de pactos a sistuación de Pedro Sanchez é muito pero que a de antes. Agora Unidas Podemos a pesar de recortar os seus diputados pode pedir a entrada no goberno en muitas mellores condicións que antes. Antes Sánchez á hora de negociar podía amagar con pactar con Ciudadanos para rebaixar as pretensións de Podemos. Agora xa non pode. E tampouco podería negociar a abstención co PP. En primeiro lugar porque PP e Vox están agora moi próximos e un pacto así, salvo que o PP entre no governo, sería letal para os de Casado. E en segundo lugar pouco réditos podría obter o PP de apoiar a un goberno con varios frontes abertos nos que pouco ten que gañar. Nen co problema catalán, nen coa crise económica pode o PP tirar nada que non sexan problemas. Se a crise económica se agrava o PP sería visto como un cumplice, non como a solución e no caso catalán ao PP faltalle forza moral ao ter uns resultados bastante escuálidos. A única alternativa que pode sumar é pola esquerda, con algún tipo de cesión aos independentistas, que se manteñen moi fortes, que se ben non sería matemáticamente precisa, de absterse ciudadanos, si que se daría por presión de Unidas Podemos e súas forzas afíns.

A segunda clarificación é a do espazo electoral. En vez de cinco imos a ter catro partidos, pois todo apunta a que ciudadanos ten os días contados. De entrada porque a partir de hoxe vai quedar decabezado, non só pola previsible dimisión de Rivera, senon porque os seus principais cadros quedaron sen escaño, e en muitas zonas do país quedaron sen representación. Polo tanto queda reducido a un partido con presencia real en so tres ou catro autonomías e así e moi difícil voltar a rexurdir. Non sería de extrañar que houbese problemas de gobernabilidade nas autonomías e concellos que gobernan e que houbese movementos de cargos entre forzas políticas. A prática desaparición de ciudadanos vai levar consigo moi probablemente a limitar a posibilidade de acción do PP encaixonadoentre VOX e o PSOE. Só pode salvalo a corto prazo súa maior implantación territorial.

No caso galego de momento pinta mal para o PP. Se ben lle desaparece a competencia potencial de Ciudadanos parece que VOX chegou para quedarse e pode minarlle o seu electorado. Se presentan unhas listas con tirón teñen representación case segura. Se a eso lle se suman os relativamente bos resultados do PSOE,a resitencia de En Común, agora xa sen Marea, e a recuperación do BNG todo apunta a un escenario estratéxico moi complicado a reelección do PP como partido de goberno en Galicia. Ainda non se coñecen os candidatos dos principais partidos e por suposto todo pode mudar, pero a día de hoxe a súa situación é complicada. O bo que ten que ainda hai tempo para que pasen muitas cousas na política galega. Ou que se repitan as eleccións, que tamen pudera ser.

*Profesor de Ciencias Políticas da USC

Compartir el artículo

stats