Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

na latitude do deza

O fracaso das captacións en Lalín

O fracaso técnico nos sistemas de captación de augas fluviais de Lalín non debe aumentarse con outra nova captación. Cando todos os posibles recursos se esgoten, cando non haxa máis remedio que recurrir a unha nova captación de augas nun río da nosa comarca, cando esteamos nesa situación, entonces non quedará máis remedio que facer iso, pero, neste momento, esa non é a cuestión.

A cuestión é así de simple, aínda que non o pareza. A vila de Lalín leva realizadas tres captacións de augas nos ríos. A primeira, na década dos anos 60, no río Pontiñas á altura do Monte da Pena; a segunda na década dos anos 70, no río Asneiro, a carón da Ponte Nova (Botos-Soutolongo); e a terceira, de novo no río Asneiro, nunha presa do Pozo Negro, en Catasós, na década do 2000. Isto parece que foi un xogo de acerto-erro-desacerto..., pero o que parece pode que non sexa fiable.

A primeira captación foi rapidamente insuficiente, porque o regato Pontiñas ten un reducido caudal e o crecemento urbanístico-poboacional experimentado por Lalín, a partires da década dos anos 70, foi case explosivo.

A segunda captación, na Ponte Nova, ten que salvar un desnivel de 150 metros para chegar ao depósito de Lalín de Arriba (estación de bombeo no Asneiro a 450 metros de altitude e depósito de Lalín a 600 metros). A distancia que debe recorrer a auga ata chegar a Lalín é duns 5,5 Km e tanto isto como o gran desnivel existente foron un serio problema técnico que ten ocasionado multiples averías nos motores (dous motores a relevo), obrigados a realizar un gran esforzo e a traballar moitas horas diarias. Na actualidade o consumo de auga é demasiado elevado (esaxeradamente elevado), uns 4.500 metros cúbicos diarios, e a capacidade de bombeo desta captación non sobrepasa os 230 metros cúbicos/hora.

A terceira captación, concebida para servir de apoio á anterior, salva, desde o Pozo Negro a 510 metros de altura, un desnivel de 170 metros ata o depósito do Alto da Costa (680 metros) e a capacidade de bombeo é duns 400 metros cúbicos/hora. Os problemas desta captación, de moita maior capacidade ca da Ponte Nova (Botos), son varios, porque o caudal do río é manifestamente insuficiente e sofre contaminacións crónicas por causa da elevada carga gandeira, alta densidade de granxas porcinas e pésimos ou nulos sistemas de depuración de augas residuais domésticas e industriais. Para falar claro, o concello de Dozón é o que mostra un maior descontrol na xestión do seu espazo territorial, non conta con ningunha estación depuradora de augas residuais e todo iso incide negativamente na calidade dunhas augas cada vez máis contaminadas e afectadas por vertidos constantes e uso de pesticidas/herbicidas a gran escala.

Compartir el artículo

stats