O Grove vive de cara ó mar coa mesma ollada da familia mariscadora, con respecto e admiración, cos ollos do que sabe que as ondas poden traer o mellor, a vida, o sustento, a supervivencia ou o medo, as noites escuras, a incertidume e incluso a morte. A familia mira ao mar e sobreponse a el.

A escultura da "Familia mariscadora" é un dos símbolos da vila meca. Inspira forza e dignidade a todo aquel que pasa por ela. É un símbolo de tradicións, traballo e sacrificio, pero tamén de unión.

Estes son sentimentos que queremos transmitir cando falamos de refuxiados. De persoas que en moitas ocasións recurren ao mar por supervivencia, con todos os perigos que eso implica. Familias cuxa seguridade depende dun chaleco salvavidas que pode acabar flotando á deriva sendo inútil na súa misión, como sucedeu en máis de 18.000 casos dende 2014, que se teña coñecemento.

A guerra, a inestabilidade política e social e a pobreza son algúns dos factores que levan a milleiros de persoas a emprender unha fuxida desesperada cara unha oportunidade. Esta crise humanitaria, agravada dende o conflito sirio, continúa, e así seguirá mentres non haxa acordos e principios globais de solidaridade e axuda.

Esta falta de accións dende as institucións fai que o peso do auxilio humanitario recaia sobre as ONGs e diversas agrupacións de voluntarios. O papel que realiza a organización española de profesionais de emerxencias, Proem-aid é crucial para evitar máis mortes no mar mediterráneo. Pero o camiño non acaba unha vez en terra, o abandono de Europa deixa en mans de asociacións como Project Elea a garantía de seguridade e coidados básicos para as persoas que acaban en campos de refuxiados, neste caso no de Eleonas (Atenas). Alí, os voluntarios encárganse de ofrecer servizos básicos como educación pero tamén de crear un ambiente de convivencia e esperanza para todas as persoas cuxas vidas quedaron ancladas no camiño.

Dende Nos Seus Pés cremos que coa unión do pobo e a iniciativa cidadá podemos colaborar con estas organizacións para seguir salvando vidas. Todos temos algo que aportar. Para isto o noso proxecto volve, por terceiro ano consecutivo, a organizar dous días de festival solidario coa finalidade de:

1. Recaudar axuda económica para que Proem-aid e Project Elea poidan continuar coa súa misión.

2. Crear un espazo de convivencia e toma de conciencia da situación de emerxencia humanitaria.

3. Utilizar a cultura como instrumento de unión e diversión pero tamén de promoción dos valores de solidaridade nos que cremos.

(*) Manifiesto difundido pola organización del festival solidario "Nos seus pés".