No fusco fusco

cando o sol e o mar se xuntan/

e as gaivotas

e os araos

voltan as illas

Os rumorosos botante de menos/

Botante de menos os loureiros/

a pedra de Fenxués

e a fonte do Auguieiro

a furna das sereas

e a de Polifemo

Eu voei

meu corazón

sempre vas conmigo

Soñei que no monte Castelo/

sentado, mirando o mar

a brisa mareira traíame

das sereas meu cantar

vnte con nos queridiño

vente que imos bailar

o son das ondas mariñas

o refrexo do branco luar

E fun con elas a Rodeira

e de Rodeira a Donón

e souben que a vida e soño

e os soños soños són