14 de agosto de 2019
14.08.2019
IN MEMORIAM

Á nosa querida nai

14.08.2019 | 02:48

Un día triste, moi triste. Un día no que a nosa queridísima nai deixa a terra dos vivos. Todos os que a coñeceron saben que María del Carmen Cea Rodríguez (María da Corga), era unha muller dun corazón inmenso, traballadora incansábel, ata que o seu corpo lle dixo que xa eran horas de descansar.

Criou seis fillos coma seis soles e, por desgraza, veu como unha parte dela partía cara o máis alá cando a nosa irmá María Xosé nos deixou. (Sefa, que saibas que as nosas bágoas aínda frescas por ti).

Adeus, ata pronto, nosa nai. Que o camiño que comezas sexa de felicidade. Estaremos contigo sempre. Non teñas medo á soidade. Descansa en paz e pensa que algún día volveremos a vernos. Mil bicos dos teus fillos José Manuel, Ramiro, María Xosé, María del Carmen, María del Rosario e David. E de min unha aperta eterna.

*Veciño e pintor estradense

Compartir en Twitter
Compartir en Facebook