Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

In memoriam

Réquiem no sétimo día (a Sito Parada)

O mascato coma sempre atento á contorna/ denantes de encetar o derradeiro voo/cara a unha eterna viaxe ao país de ningures, /travesía sen retorno, pois non considera preciso/para se manter na memoria colectiva.

Todo se torna gris, mais un aura é quen de devolver/ a imprescindible luz, esencia da existencia/ que perpetúa a pegada, a memoria/ mesmo ata a inmortalidade.

Unha bolboreta revolotea para anunciar novas esperanzas:/ Sito permanece..., segue presente.

No horizonte albíscanse novas pegadas,/ xesto e palabra fúndense en latentes trebóns/ e tras eles o inxente labor do actor e creador:/ o xesto, o verbo, o suor froito do esforzo, do sacrificio,/ do compromiso.

O home bule a relatar a mensaxe contida e acubillada na obra,/ impresiona ao espectador tanto sacrificio,/ longa e intensa entrega no tempo a un potente monólogo/ case que infindo.

Transmítese tal suor ao atento e implícito público observador./ É entrega total e absoluta, tamén complicidade do conxunto.

A escena conclúe co merecido agradecemento: /unha interminable salva de aplausos invaden a sala/ coma unha infinda treboada que asoma polo solpor/ a xeito de premio por tan abraiante discurso.

Era Celso parada, Darío fo, ou a fusión de ambos os dous?/ Binomio perfecto: Sito e Darío, misterio cómico ou bufo./ No escenario, Sito e a cadeira complicemente inertes,/ invadidos dun enxordecedor silencio.

Cormoráns, gaivotas, alcatraces, araos, golfiños e arroaces,/ tamén xílgaros, paporrubios, pardais, merlos, ferreiriños e andoriñas,/ asoman no ar para arrolar cun solemne réquiem ao silente mascato.

Actor e obra perduran no espazo, no tempo, na memoria...!

*Artista

Compartir el artículo

stats