Que vos estou dicindo, que nesta vida lévanme feito bastante mal, e se escribindo me desafogo bendito sexa Deus.

Qué sorte tedes as que non tedes cerca de vós demos de carne e óso porque habelos hainos. Moitos demos e pouca auga bendita, pero non fai falta que sexan moito, só chega un se é carrañento malnacido. Estou de malas por unha estrada que nos fixeron que doe a cabeza ao mirar para ela, pero algún por encher o bandullo non lle importa que o mundo quede de patas arriba. Xa cando foi da pista de Palio algún non quere que lle toque o valado, el moi campechano si o tirou, pero sabedes para que? Para meter do de fóra un bo anaco da miña tenza.

Levouno o demo! E aínda foi pouco, quixo collerme un anaco polo outro lado, pero desta vez non o conseguiu. Que manda carallo coa casa que teñen algúns! Pola súa culpa gastei uns cartiños porque se mete en todas as merendas, pero sempre de conveniencia. Eu quérolle recordar que nos vai chegando a hora de ir onda San Pedro e a ver qué documentación levamos.

(*) Veciña de Cercio