Faro de Vigo

Faro de Vigo

Contenido exclusivo para suscriptores digitales

TRIBUNA LIBRE

A parcelaria de Santa Baia

Estamos asoballados polos caciques e ninguén se acorda de nós. Parece mentira que a estas alturas se fagan estas inxustizas. Veñen as pas sen falar con ninguén. Noutros lados acordaron cos veciños os camiños, aquí fanos sen vir a nada. O caso é que catro malnacidos queden ben acomodados, non lles importa que afee o lugar. Xa cando foi da pista de Palio houbo un aproveitado que desfixo unha peneda para que quedara máis sitio polo outro lado. Amañouno ben amañado e mandouna á costa podendo ir polo remanso.

Non me sentirei a gusto nos anos que me quedan de vida mirando para unha estrada que podía ir dereita e vai toda retorcida e encima sen saída por uns malditos corgos que nin as vacas beben, que lles traen a auga na cuba. Levárono todo ao redor do maldito prado ata chegar a miña leira onde teño unha traída para miña casa e alí ma enchufaron. Se na terra non hai xustiza, que veña Deus e o vexa!

Maldito morriñento. Isto non é caridade, nin son os feitos dun bo home. En castellano, por si no es de aquí el que diseñó el trazado de esta mierda de carretera: Sepa, señor ingeniero, que somos una aldea, pero una aldea de primera. Hace 40 años en esta aldea se hizo la carretera. Aquí trabajaron palas y camiones y se llevaron por delante huertas y nabales, pero se hizo bien y todos contentos. Y no esta mierda que nos cargan ahora. ¡Una putada! Dígame, señor ingeniero, si usted lo lleva todo o lo deja al capricho de los caciques. Esta aldea no se merece esta humillación.

*Veciña de Cercio

Compartir el artículo

stats